Saltar ao contido

Bandeira dos arromaneses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos arromaneses
Bandeira dos arromaneses
Características
Uso
Proporción1:2[1]
Cores     Branca      Azul

A bandeira dos arromaneses (en arromanés: flãmbura-a armãnjilor) é unha bandeira étnica oficiosa empregada por algúns membros do pobo arromanés, un grupo étnico orixinario dos Balcáns que vive espallado por Albania, Bulgaria, Grecia, Macedonia do Norte, Romanía e Serbia. Non existe ningunha entidade oficial arromanesa en ningún deses países.[2]

A bandeira é un campo branco cun contorno azul preto dos bordos. No centro, hai un círculo branco delineado en azul e atravesado por bandas azuis horizontais e diagonais.[2] Os arromaneses doutros países tamén teñen as súas propias versións desta bandeira.[1] Ademais, durante a Conferencia de Paz de París (1919), os arromaneses utilizaron unha bandeira horizontal composta por cinco franxas: vermella, amarela, azul pálida, amarela e negra.[3]

Nalgúns casos e entre algúns colectivos, a bandeira considérase "santa" e existen regras estritas sobre o seu uso nas vodas.[4]

Variacións

[editar | editar a fonte]

As seguintes son algunhas bandeiras históricas ou tradicionais usadas polos arromaneses:[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ene, Maria Camelia (2016). "Paftaua, tipuri de decorații și simboluri. Accesorii din patrimoniul Muzeului Municipiului București" (PDF) (en romanés) 30. Bucharest: Bucharest Municipality Museum: 123–149. 
  2. Minahan, James B. (2016). Encyclopedia of stateless nations: ethnic and national groups around the world (2 ed.). ABC-CLIO. pp. 1–568. ISBN 9781610699549. 
  3. 3,0 3,1 Minahan, James B. (2002). Encyclopedia of the Stateless Nations: A-C. Greenwood Publishing Group. pp. 1–2241. ISBN 9780313321092. 
  4. Nowicka, Ewa (2016). "Ethnic identity of Aromanians/Vlachs in the 21st century" (PDF). Res Historica 41: 213–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2022. Consultado o 02 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]