Bandeira de Suriname
Aparencia
Bandeira de Suriname | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 25 de novembro de 1975 |
Cores | Verde Amarelo Vermello Branco |
A bandeira de Suriname está composta por cinco franxas horizontais. As exteriores son de cor verde, a central é vermella e está bordeada polas brancas. A franxa vermella é de dobre anchura que as verdes e o grosor destas últimas é tamén dobre respecto a cada unha das brancas. No centro da bandeira, figura unha estrela de cinco puntas de cor amarela.
Esta bandeira adoptouse o 25 de novembro de 1975, despois de que Suriname obtivese a súa independencia. A estrela representa a unidade de tódolos grupos étnicos do país. A franxa vermella simboliza o progreso e o amor, a verde a esperanza e a fertilidade e as brancas, a xustiza e a paz.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira nacional de 1959 a 1975
-
Estandarte do gobernador da Guayana Holandesa (Surinam) 1966-1975
-
Bandeira do Primeiro Ministro, 1975-1988
-
Estandarte presidencial