Bandeira de Hong Kong
Bandeira de Hong Kong | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1 de xullo de 1997 |
Cores | Vermello Branco |
A bandeira de Hong Kong, oficialmente a bandeira rexional da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, (en chinés: 中華人民共和國香港特別行政區區旗) amosa unha flor branca estilizada de cinco pétalos a orquídea de Hong Kong (Bauhinia blakeana) no centro dun campo vermello chinés. O seu deseño orixinal foi presentado o 4 de abril de 1990 na Terceira Sesión do Sétimo Congreso Nacional Popular.[1][2] O deseño actual foi aprobado o 10 de agosto de 1996 no Cuarto Pleno do Comité Preparatorio da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong.[3] O uso preciso da bandeira está regulado polas leis aprobadas pola 58 reunión executiva do Consello de Estado celebrado en Pequín.[4] O deseño da bandeira está consagrado na Lei Básica de Hong Kong, o documento constitucional do territorio,[5] e as normas relativas ao uso, prohibición de uso, aldraxe e fabricación da bandeira están recollidas na Ordenanza Rexional de Bandeira e Emblema Rexional.[6] A bandeira de Hong Kong foi adoptada e izada oficialmente o 1 de xullo de 1997, durante a cerimonia de entrega que marcaba a transferencia da soberanía do Reino Unido a China.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "State Council Gazette Issue No.7 Serial No. 616 (May 26, 1990)" (PDF). www.gov.cn. Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Decision of the National People's Congress on the Basic Law of the Hong Kong Special Administration Region of the People's Republic of China". Goberno de Hong Kong. 4 de abril de 1990. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2009.
- ↑ "Regional Flag and Regional Emblem Ordinance". Hong Kong e-Legislation. Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
- ↑ Laws and Regulations of the People's Republic of China. China Legal Publishing House. 2001. p. iv. ISBN 7-80083-759-9.
- ↑ "Basic Law Full Text". Hong Kong Special Administrative Region. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2009.
- ↑ "Regional Flag and Regional Emblem Ordinance" (PDF). Bilingual Laws Information System. 1 de xullo de 1997. Consultado o 25 de xullo de 2009.
- ↑ Jeffrey Aaronson. "Schedule of Events". Time. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2009. Consultado o 1 de novembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Hong Kong |