Bandeira de Cimbabue
Aparencia
Bandeira de Cimbabue | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 18 de abril de 1980 |
Cores | Verde Amarelo Vermello Negro Branco |
A bandeira de Cimbabue foi adoptada o 18 de abril de 1980, no momento da independencia do novo estado. Antes de 1980 era unha colonia británica nomeada Rodesia (e antigamente Rodesia do Sur, para diferenciala de Rodesia do Norte, que máis tarde se convertería en Zambia) e durante un tempo nomeouse Cimbabue-Rodesia.
Cores e significado
[editar | editar a fonte]A bandeira ten as cores empregadas polo ZANU, o partido do presidente Robert Mugabe. Tamén ten o paxaro emblemático do monumento nacional do Gran Cimbabue, nas ruínas da cidade de Cimbabue (simbolizando a historia do país), a estrela vermella marxista (simbolizando a loita revolucionaria), o triángulo branco simbolizando a paz e as franxas de cores significan:
- Verde: a agricultura e as áreas rurais do país.
- Amarelo: a riqueza mineral de Cimbabue
- Vermello: o sangue derramado nas guerras pola liberación.
- Negro: o patrimonio das etnias nativas africanas.[1]