Bandeira de Chechenia
Bandeira de República de Chechenia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 22 de xuño de 2004 |
Cores | Verde Branco Vermello Amarelo |
A bandeira de Chechenia é un dos símbolos da república federal rusa. É un rectángulo cunha proporción 2:3, o mesmo que a bandeira de Rusia. A bandeira componse de tres franxas horizontais de cor verde, que representa o islam, branca e vermella. Superposta a elas hai unha estreita banda vertical branca no polipasto, que contén o adorno nacional, un deseño de catro formas douradas en vertical. As barras horizontais están nas proporcións 4:1:3.
Esta bandeira, introducida en 2004, é empregada principalmente polo goberno de Chechenia, mentres que as bandeiras independentistas son usadas polas forzas da oposición.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Dende 1957 até 1978, a bandeira soviética da República Autónoma Socialista Soviética de Chechenia e Inguxetia baseouse na bandeira da República Socialista Federativa Soviética de Rusia, co engadido dunha barra azul vertical e o nome abreviado da república (НГӀАССР en checheno e inguxo, e ЧИАССР en ruso).
En 1978, estas abreviaturas foron substituídas polas versións do nome completo: ЧЕЧЕНО-ИНГУШСКАЯ АССР en ruso, НОХЧ-ГӀАЛГӀАЙН АССР en checheno e НОХЧ-ГӀАЛГӀАЙ АССР en inguxo.
-
A bandeira de Chechenia dende 1785 até o 8 de marzo de 1840.
-
Emirato do Cáucaso Norte (1919–1920).
-
República Montañosa do Cáucaso Norte en 1917–1920.
-
RASS Chechena-Inguxa en 1937–1944.
-
RASS Chechena-Inguxa en 1957–1978.
-
RASS Chechena-Inguxa en 1978–1991.
1991–2000
[editar | editar a fonte]Diversas bandeiras foron empregadas por persoas e organización a prol da República Chechena de Ichkeria. A máis común delas é a bandeira verde con franxas brancas e vermellas. As súas proporcións son aproximadamente 7:11. O esquema de cores é verde, branco, vermello, branco, verde, cos dous terzos superiores da bandeira en verde e o terzo restante en franxas brancas, vermellas, brancas e verdes de igual ancho, cuxa proporción de ancho é 8:1:1:1:1.[1] Outro exemplo coñecido é semellante a esta bandeira pero ten o escudo de armas do país incorporado ao deseño. Cada cor está destinada a simbolizar un aspecto do carácter nacional checheno. O verde é a cor da vida, o vermello simboliza o derramamento de sangue na loita pola liberdade e o branco representa o camiño cara a un futuro brillante.[1] Estas bandeiras foron usadas principalmente polos partidarios de Dzhokhar Dudayev, Aslan Maskhadov e os seus sucesores. Ademais destes outros deseños foron utilizados por diferentes faccións do movemento independentista, e mesmo bandos únicos usaron diferentes bandeiras ao mesmo tempo.
-
Bandeira nacional da República Chechena de Ichkeria sen o escudo de armas.
-
Bandeira nacional da República Chechena de Ichkeria co escudo de armas.
-
Escudo da República Chechena de Ichkeria.
-
Congreso Nacional do Pobo Checheno.
-
Versión chechena da bandeira do Emirato do Cáucaso.
Oposición lealista
[editar | editar a fonte]A oposición prorrusa a Dudayev utilizou unha bandeira de deseño similar, coa principal diferenza da inversión das franxas vermellas e brancas e a súa diferente proporción de ancho. As súas proporcións son 7:11 e consta de 5 franxas horizontais: verde, vermella, branca, vermella e verde, cuxa proporción de ancho é 8:1:1:1:1.[2] Non se utilizou dende que foi substituída pola actual bandeira da República Chechena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Independentist flag of Chechnya (Russia, 1990s)". www.crwflags.com.
- ↑ "Pro-Russian flag of Chechnya (Russia, 1990s)". www.crwflags.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Chechenia |