Bandeira de Alxeria
Aparencia
Bandeira de Alxeria | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 3 de xullo de 1962 |
Cores | Verde (R:0 G:98 B:51) Branco (R:255 G:255 B:255) Vermello (R:210 G:16 B:52) |
A bandeira de Alxeria foi adoptada o 3 de xullo de 1962. Está composta por dúas metades, unha verde xunto á hasta e outra branca ao batente. Ao centro da bandeira sitúase unha media lúa minguante xunto a unha estrela de cinco puntas, ambas as de cor vermella. A cor branca representa a pureza, mentres o verde e a media lúa representan ao islam.
Dise que esta bandeira foi utilizada por primeira vez polas tropas de Abdel Kadir no século XIX. Con todo, non hai probas concretas daquilo. O que si é claro é que modelos semellantes foron usados pola Fronte de Liberación Nacional durante a Guerra de Independencia, e serían estes símbolos nos que se basearon os alxerinos para crear a súa bandeira nacional.