Banco de La Coruña
Banco de La Coruña | |
---|---|
Tipo | banco e entidade desaparecida |
Data de fundación | 1857 |
Data de disolución | 1970 |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Banco de La Coruña, foi un banco galego con sede na cidade da Coruña, activo entre 1859 e 1970.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Fundado ao amparo da Lei de Bancos de 28 de xaneiro de 1856, autorizado por Real Decreto de 25 de novembro de 1857 (publicado o 9 de xaneiro de 1858),[1] abriu as súas portas o 1 de xullo de 1859.[2]
Foi fundado como banco emisor por 25 anos, cun capital social de catro millóns de reais de billón. Naceu por iniciativa dun grupo de comerciantes e empresarios coruñeses, que promoveron a creación dun banco propio que salvagardase a autonomía local fronte ao establecemento dunha sucursal do Banco de España que puidese supor un obstáculo ao desenvolvemento do comercio da Coruña.
O 15 de novembro de 1875, desapareceu como tal por mor do Decreto Echegaray de 1874 que establecía o monopolio da emisión de billetes no Banco de España. Posteriormente unha gran parte dos accionistas crearon El Crédito Gallego.[3] De novo, volverá a aparecer coa denominación anterior o 8 de decembro de 1917 cun capital de 5 000 000 de pesetas.[3] En 1934 era o 34º banco español.[4] En 1970 absorbeuno o Banco de Bilbao.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Facal 2016, p. 381.
- ↑ Facal 2016, p. 382.
- ↑ 3,0 3,1 Mirás 2007, p. 106.
- ↑ Mirás 2007, p. 110.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Facal Rodríguez, María Jesús (1986). La banca en Galicia durante la época de la Restauración: El Crédito Gallego (PDF).Facal Rodr�guez, Mar�a Jesús&rft.btitle=La banca en Galicia durante la época de la Restauración: El Crédito Gallego&rft.date=1986&rft.genre=book&rft_id=http://webs.uvigo.es/cfacal/El%20Credito%20Gallego%20.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Facal, Mª Jesús (2016). "El banco de La Coruña (1857-1874)". En Sudriá Triay, Carles; Blasco-Martel, Yolanda. La pluralidad de emisión en España, 1844-1874. Biblioteca Nueva S.L. pp. 380–402. ISBN 978-84-92937-63-9.Facal, M� Jesús&rft.btitle=La pluralidad de emisión en España, 1844-1874&rft.date=2016&rft.genre=bookitem&rft.isbn=978-84-92937-63-9&rft.pages=380-402&rft.pub=Biblioteca Nueva S.L.&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Mirás Araujo, Jesús (2007). Continuidad y cambio en la España urbana en el período de entreguerras. Análisis de una ciudad española. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. ISBN 978-84-9745-007-2.Mirás Araujo, Jesús&rft.btitle=Continuidad y cambio en la España urbana en el per�odo de entreguerras. Análisis de una ciudad española&rft.date=2007&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-9745-007-2&rft.place=Oleiros (A Coruña)&rft.pub=Netbiblo&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Banco de La Coruña". Monedas de Galicia (en castelán).