Banco de España
Banco de España | |
---|---|
Tipo | Banco central e organización |
Data de fundación | 2 de xuño de 1782 |
Fundador(es) | Carlos III de España |
Presidente/a | Pablo Hernández de Cos (2018-) |
Sede | sede central do Banco de España |
En | Madrid |
País | España |
40°25′06″N 3°41′41″O / 40.418333, -3.694722 | |
Na rede | |
http://www.bde.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Banco de España é o banco central de España. É unha entidade de Dereito público con personalidade xurídica propia e plena capacidade pública e privada. No desenvolvemento da súa actividade e para o cumprimento dos seus fins, actúa con autonomía respecto á Administración Xeral do Estado.
O Banco de España é parte integrante do Sistema Europeo de Bancos Centrais e está sometido ás disposicións do Tratado da Comunidade Europea e aos estatutos do Sistema Europeo de Bancos Centrais.
O Banco de España pode ditar as normas precisas para o exercicio das funcións, que se denominarán «Circulares monetarias». Así mesmo, para o axeitado exercicio do resto das súas competencias, poderá ditar as disposicións precisas para o desenvolvemento daquelas normas que o habiliten expresamente para o efecto. Tales disposicións denominaranse «Circulares». Unhas e outras disposicións serán publicadas no «Boletín Oficial do Estado».
A sede principal está situada, dende 1891, no número 48 da rúa Alcalá, a carón na praza de Cibeles. Tamén hai unha parada de metro co seu nome.
Historia
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Funcións
[editar | editar a fonte]O Banco de España participará no desenvolvemento das seguintes funcións básicas atribuídas ao Sistema Europeo de Bancos Centrais:
- Definir e executar a política monetaria da Comunidade.
- Realizar operacións de cambio de divisas que sexan coherentes coas disposicións do artigo 109 do Tratado da Comunidade Europea.
- Posuír e xestionar as reservas oficiais de divisas dos Estados membros. Non obstante, o Goberno poderá ter e xestionar fondos de manobra en divisas, conforme o previsto no artigo 105.3 do Tratado da Comunidade Europea.
- Promover o bo funcionamento do sistema de pagos.
- Emitir os billetes e moedas de curso legal.
- As demais funcións que se deriven da súa condición de parte integrante do Sistema Europeo de Bancos Centrais.
O Banco de España exercerá, ademais, as seguintes funcións:
- Posuír e xestionar as reservas de divisas e metais preciosos non transferidas ao Banco Central Europeo.
- Promover o bo funcionamento e estabilidade do sistema financeiro e, sen prexuízo do disposto no cuarto punto anterior, referido aos sistemas de pagos nacionais.
- Poñer en circulación a moeda metálica e desempeñar, por conta do Estado, as demais funcións que se lle encomenden respecto a ela.
- Prestar os servizos de tesourería e axente financeiro da Débeda Pública.
- Asesorar ao Goberno, así como realizar os informes e estudos que resulten procedentes.
- Elaborar e publicar as estatísticas relacionadas coas súas funcións e asistir ao BCE na recompilación da información estatística necesaria para o cumprimento das funcións do Sistema Europeo de Bancos Centrais.
- Exercer as demais competencias que a lexislación lle atribúa.
Así mesmo, o Banco de España deberá supervisar, conforme as disposicións vixentes, a solvencia, actuación e cumprimento da normativa específica das entidades de crédito e de calquera outra entidade e mercado financeiro cuxa supervisión lle fose atribuída, sen prexuízo da función de supervisión prudencial levada a cabo polas Comunidades Autónomas no ámbito das súas competencias e da cooperación destas co Banco no exercicio de tales competencias autonómicas de supervisión. Este banco é dos máis seguros de España, pois se se intentase roubar, o chan da fonte de Cibeles caería e inundaríanse ditas cámaras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banco de España |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Banco
- Banco Central Europeo
- Sistema Europeo de Bancos Centrais
- Lista de gobernadores do Banco de España