Baltasar Albéniz
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1905 ![]() Eibar, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 29 de novembro de 1978 ![]() Pamplona, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1930 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Baltasar Albéniz Martínez, nado en Éibar o 6 de xaneiro de 1905 e finado en Pamplona o 29 de novembro de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de centrocampista. Como futbolista xogou só en equipos vascos, participando do primeiro ascenso do Alavés á Primeira División da súa historia. Entre os seus éxitos como adestrador áchanse tres Copas do Xeneralísimo, dúas delas dirixindo ao Real Madrid e outra ao Athletic de Bilbao.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Pese ás súas boas dotes como futbolista triunfou na súa faceta de adestrador. Comezou xogando na Unión Deportiva Eibarresa compartindo equipo cos futuros internacionais absolutos da selección española Ciriaco e Roberto Etxebarria.
Pouco despois fichou polo Deportivo Alavés, co que disputou as dúas primeiras tempadas da Segunda División (1928/29 e 1929/30), conseguindo na segunda delas o ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 1930/31 contra a Real Sociedad en Atotxa, e marcou 8 goles ao longo da campaña. Ao ano seguinte fichou pola Real Sociedad, onde militiou un ano, para volver logo ao Alavés.
Durante a Segunda República, na tempada 1934-35 alternou a posición de centrocampista cas labores de técnico no Arenas de Getxo.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Comezou a adestrar en Primeira División no Celta de Vigo na tempada 1941-42, substituíndo ao canario Joaquín Cárdenes. Albéniz dirixiu ao Celta catro tempadas en dúas etapas. A primeira comezou moi ben, quedando os dous primeiros anos na 5ª posición, pero na tempada 1943-44 o equipo descendeu ao rematar último na clasificación.
De Vigo pasou a Barcelona para adestrar ao RCD Espanyol, onde fixo moi bo papel, o que o levou a fichar polo Real Madrid para substituír a Jacinto Quincoces na tempada 1946-47. Co equipo branco gañou a Copa do Xeneralísimo e a Copa Eva Duarte ese primeiro ano. Volveu ao club merengue outra vez en 1950 para suplir a Michael Keepin. Tamén foi secretario técnico do club durante outros cinco anos.
En 1955 fichou polo Osasuna, conseguindo o ascenso a Primeira e disputou unha tempada máis na máxima categoría. Ao cabo da mesma fichou polo Athletic de Bilbao co que gañou outra vez a Copa do Xeneralísimo.
Na tempada 1959-60 volveu para adestrar un último ano ao Celta debido aos problemas do club co permiso de adestrador do técnico Enrique Lúpiz, e conseguiu clasificar ao equipo para a fase de ascenso. Despois de despedirse do Celta de malas maneiras, xa que o club pretendeu cambiar de adestrador para a fase de ascenso, Albéniz adestrou á Real Sociedad, Osasuna, Tudelano, Atlético Tetuán e Indauchu.
Acabou a súa carreira futbolística asumindo a máxima responsabilidade na Federación de Fútbol de Navarra.
Equipos
[editar | editar a fonte]Como adestrador
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marcos L. Bacariza (30 de decembro de 2010). "Baltasar Albéniz". Yo entrené al Celta (en castelán).
- Nados en Éibar
- Nados en 1905
- Finados en 1978
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas do País Vasco
- Xogadores do Arenas Club de Getxo
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores da Real Sociedad
- Adestradores de fútbol do País Vasco
- Adestradores do Arenas Club de Getxo
- Adestradores do Deportivo Alavés
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do RCD Espanyol
- Adestradores do Real Madrid CF
- Adestradores do CA Osasuna
- Adestradores do Athletic Club
- Adestradores da UD Las Palmas
- Adestradores da Real Sociedad
- Adestradores do CD Tudelano
- Adestradores do Atlético Tetuán