Balboa (moeda)
O balboa é unha das dúas moedas de curso legal na República de Panamá[1], desde a súa introdución en 1904, xunto co dólar estadounidense, ao que desde entón ten vinculado o seu valor.[2][3]
Divídese en 100 centésimos. O seu código ISO 4217 é PAB e o seu símbolo monetario B/.[4][5]
Historia
[editar | editar a fonte]O balboa creouse en 1904, un ano despois de que Panamá se independizase de Colombia. A Convención Nacional de Panamá emitiu a Lei 84, do 28 de xuño, en cuxo primeiro artigo se establecía o balboa como moeda nacional, cuñada en prata de 900 milésimas e cun peso de 1,672 gramos. Na mesma disposición fixábase o valor do balboa no do dólar estadounidense e determinábase que este tería tamén curso legal no país.[6]
Moedas
[editar | editar a fonte]En 1904, cando se creou o balboa, recolléronse todas as moedas que naquel momento estaban en circulación no país, do sistema do peso colombiano, e fundíronse para cuñar as moedas da nova república. A primeira serie compúñase dos valores de 2½, 5, 10, 25 e 50 centésimos, e non foi ata 1931 cando se cuñou a primeira moeda co valor facial dun balboa, con características similares ás do dólar estadounidense. A primeira moeda co valor dun centésimo cuñouse en 1935.[7][8]
Os valores en circulación son os de 1, 5, 10, 25 e 50 centésimos, así como 1 balboa.[8] Proxectouse tamén a cuñaxe de moedas de dous e de cinco balboas, aínda que esta idea non prosperou.[9]
Todas as moedas panameñas posteriores a 1908 están cuñadas na planta da Royal Canadian Mint en Otava, Canadá.[8]
Imaxe | Valor | Datas | Metal | Diámetro | Peso | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|---|
centésimo |
Cinc bañado en cobre. | ||||||
centésimos |
Cuproníquel. | ||||||
balboa |
Cobre bañado en cuproníquel. | ||||||
balboa |
Cobre bañado en cuproníquel. | ||||||
balboa |
Cobre bañado en cuproníquel. | ||||||
balboa |
Aro: aceiro niquelado.
Núcleo: aceiro bañado en níquel-bronce. |
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1941, o presidente da República Panameña, Arnulfo Arias, promoveu que o Goberno executase o artigo 156 da Constitución do país, para autorizar os bancos oficiais e privados do país a emitiren papel moeda. Como resultado, aprobouse o Decreto 6, do 30 de setembro de 1941, que creaba o Banco Central de Emisión da República de Panamá, e o día seguinte, por medio do Decreto 103, do 1 de outubro, ordenouse a posta en circulación de papel moeda. O banco foi autorizado a emitir 6 millóns de balboas en papel moeda, aínda que a cantidade emitida o 2 de outubro do mesmo ano, cando os billetes se puxeron en circulación, non superou os 2,7 millóns de balboas. Uns días despois, o 7 de outubro, a autoridade da Canle de Panamá emitiu unha circular na que se indicaba que o papel moeda panameño podía ser aceptado en todas as dependencias da canle.[16]
Porén, aos sete días da súa posta en circulación, o Goberno de Arias foi derrocado e substituído polo de Ricardo Adolfo de la Guardia, apoiado polos EEUU. O novo Goberno pechou inmediatamente o banco e os billetes comezaron a ser retirados da circulación e, finalmente, incineráronse nos talleres do Colexio Artes e Oficios entre o 13 de xuño e o 6 de xullo de 1942. Os billetes, con valores de 1, 5, 10 e 20 balboas, foran impresos pola compañía Hamilton Bank Note Company, de Nova York.[16][17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Balboa" en: DRAG, Portal das Palabras e Digalego.
- ↑ Cambio entre balboa e euro e co dólar. Nataf.net
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Balboa". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. Páxina 37. ISBN 978-84-8181-405-7
- ↑ "World Currency Symbols". Xe.com
- ↑ "Códigos de divisas por países". Iban.com
- ↑ "Ley 84 de 1904, sobre la moneda (de 28 de junio)". Docplayer.es
- ↑ De León Watson, O. (2017). "La historia a través de las monedas". En Panamá América. 24 de outubro.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Coins from Panama. Balboa (1904-date)". Numista.com
- ↑ "Pérez, K. (2012). "El peso de los balboas Arquivado 03 de abril de 2019 en Wayback Machine.". En Martes Financiero. 733. 19 de xuño.
- ↑ "1 Centésimo". Numista.com
- ↑ "5 Centésimos Sara Sotillo". Numista.com
- ↑ "1/10 Balboa". Numista.com
- ↑ "¼ Balboa". Numista.com
- ↑ "½ Balboa". Numista.com
- ↑ "1 Balboa". Numista.com
- ↑ 16,0 16,1 "Una breve historia de la desaparecida moneda Balboa". Panamaviejaescuela.com
- ↑ "Panamá". Banknote.ws
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balboa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1
- Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9