Bachfest Leipzig
O Bachfest Leipzig (en galego Festival Bach de Leipzig) é un festival de música que se celebra anualmente na cidade de Leipzig (Saxonia, Alemaña), onde J. S. Bach traballou como Thomaskantor dende 1723 ata a súa morte en 1750.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade acolleu por primeira vez o festival en 1904, organizado pola Neue Bachgesellschaft, e despois formalmente dende 1908. Frecuentemente faise referencia ao festival como Bachwochen (Semanas de Bach) ou Bachtage (Días de Bach). Dende 1999, o festival é organizado polo Bach-Archiv en representación da cidade de Leipzig, que para cada edición propón un tema diferente.[1]
Cada ano hai aproximadamente 100 eventos individuais durante o Bachfest, que comeza co concerto de inauguración dirixido por quen ostente o cargo de Thomaskantor nese momento (actualmente Georg Christoph Biller). O concerto final tradicionalmente é unha interpretación da Misa en si menor de Bach na Thomaskirche (Igrexa de Santo Tomás) de Leipzig.[2]
Temas
[editar | editar a fonte]- 2004: «Bach und die Romantik» (Bach e a era romántica)
- 2005: «Bach und die Zukunft» (Bach e o futuro)
- 2006: «Von Bach zu Mozart» (De Bach a Mozart)
- 2007: «Von Monteverdi zu Bach» (De Monteverdi a Bach)
- 2008: «Bach und seine Söhne» (Bach e os seus fillos)
- 2009: «Bach – Mendelssohn – Reger»
- 2010: «Bach – Schumann – Brahms»
- 2011: «...nach italienischem Gusto» (... ao gusto italiano).[3]
- 2012: «...eine neues Lied – 800 Jahre Thomana» (unha nova canción - 800 anos do Thomanerchor).[4]
- 2013: «Vita Christi» (Vida de Cristo).[5][6]
- 2014: «Die wahre Art» (A verdadeira arte).[7]
- 2015: «So herrlich stehst du, liebe Stadt!» (Tan marabillosa estás, querida cidade!)[8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ofrenda floral a Bach na inauguración do Festival de 1950.
-
O Kongreßhalle de Leipzig durante o Festival en 1950.
-
A Thomaskirche de Leipzig, 28 de xullo de 1950.
-
O Neues Rathaus de Leipzig durante o Festival en 1950.
-
Concerto no Bachfest de 1953.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 bachfestleipzig.de (ed.). "Geschichte des Bachfestes" (en alemán). Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 bach-cantatas.com (ed.). "Bach Festivals & Cantata Series Bachfest Leipzig" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ Fulker, Rick (17 de xuño de 2011). DW, ed. "«"…according to Italian taste": Leipzig's Bachfest 2011»" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ Fulker, Rick (22 de marzo de 2012). DW, ed. "«Celebrating 800 years: St. Thomas Boys Choir»" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ DW, ed. (07 de xullo de 2013). "«Cuestión de fe: Vita Christi. Bach, el quinto Evangelista»" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ Corneilson, Paul (29 de xuño de 2013). British Society for Eighteenth-Century Studies, ed. "«"Vita Christi": The Leipzig Bachfest»" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ Bach Society Houston (ed.). "«2014 Bach Festival, Leipzig»" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ bachfestleipzig.de (ed.). "»So herrlich stehst du, liebe Stadt!«" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bachfest Leipzig |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Bachfest LeipzigArquivado 19 de marzo de 2014 en Wayback Machine. no sitio web do Bach-Archiv