BQ
BQ | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 2010 |
Matriz | Mundo Reader S.L. |
Localización | Las Rozas, Madrid |
Fundador | Alberto Méndez, Rodrigo del Prado, David Béjar, Ravín Dhalani, Adán Muñoz, Iván Sánchez, Antonio Quirós |
Persoas clave | Alberto Méndez |
Industria | Electrónica |
Produtos | Tablets, teléfonos intelixentes, impresoras 3D, robótica |
Beneficio | 202,5 millóns de € (2014) |
Número de empregados | 1078 (2014) |
Na rede | |
https://educacion.bq.com e https://bq.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
BQ (ás veces escrito como bq) é unha empresa española con sede en Las Rozas adicada ao deseño e venda de dispositivos electrónicos. O nome da empresa ven do seu primeiro produto, un lector electrónico chamado booq. En 2005 un grupo de estudantes de telecomunicacións crearon unha empresa adicada á importación e venda de memorias USB. Posteriormente a empresa entraría no negocio dos lectores electrónicos, primeiro como deseñador para outras marcas e posteriormente xa coa súa marca. A empresa comercializa e deseña teléfonos intelixentes fabricados na China.
Historia
[editar | editar a fonte]En 2003, seis estudantes de enxeñaría da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación de Madrid da Universidade Politécnica de Madrid —Alberto Méndez, Rodrigo del Prado, David Béjar, Ravín Dhalani, Adán Muñoz e Iván Sánchez— coincidiron na asociación de alumnos ITEM Consulting. En 2005, estes estudantes, fundaron MemoriasUSB, unha empresa adicada á fabricación de chaves USB.[1] Máis tarde pertencería ao holding empresarial StarTic Innovación.
Libros electrónicos
[editar | editar a fonte]En 2009, baixo a marca booq, lanzan o seu primeiro lector electrónico, o booq Classic. En 2010 a empresa materializouse como Mundo Reader S.L., froito da unión dos socios de Luarna e StarTic Innovación, adicada ao mundo dos lectores de libros dixitais.[2] Luarna, dirixida por Antonio Quirós, foi a primeira editorial española 100% dixital.
En 2011, BQ comezou a deseñar e fabricar os primeiros lectores electrónicos das empresas Telefónica (Movistar ebook bq), Fnac (Fnacbook), e Casa del Libro (bq Tagus|Tagus). No segundo trimestre de 2011, BQ expandiu o seu negocio cara a Suramérica, abrindo sedes oficiais en Montevideo (Uruguai), e aínda que xa estaba no mercado portugués a través de socios, durante 2011 BQ comezou a estar presente en Portugal. Neste mesmo ano, o bq Cervantes foi e-reader máis vendido en España.
En 2012, BQ converteuse no deseñador e fabricante oficial das tabletas e lectores-e da empresa Fnac. Ademais, a empresa comezou a comercializar os lectores Cervantes Touch e Cervantes Touch light.
Gama Aquaris 2013
[editar | editar a fonte]En 2013 BQ comercializa o seu primeiro teléfono intelixente, chamado Aquaris 4.5, un terminal de gama media con 4,5 polgadas de pantalla, Dual SIM, cámara traseira de 8 megapíxeles e outra dianteira VGA, 4 GB de memoria interna, memoria RAM de 1 GB, un procesador ARM Dual Core Cortex A9 ata 1 GHz.[3]
Tamén en 2013 BQ empeza a comercialización do Aquaris 5.0, un terminal cunha pantalla de 5 polgadas, Dual SIM, cámara traseira de 8 megapíxeles e outra dianteira VGA, e unha memoria RAM de 1 GB. Este inclúe ademais 16 GB de memoria interna, un procesador Quad Core Cortex A7 ata 1,2 GHz e con versión de Android 4.2 ''Jelly bean''.
Este mesmo ano lanzaron o Aquaris 5 HD con pantalla de 5 polgadas e resolución HD 720x1280, Dual SIM, cámara traseira de 8 megapíxeles e outra dianteira de 1,2 megapíxeles, 16 GB de memoria interna e 1 GB de memoria RAM, procesador Quad Core Cortex A7 ata 1,2 GHz; e o Aquaris 5.7, con pantalla de 5.7 e resolución 1929x1080,[4] Dual SIM, cámara traseira de 13 megapíxeles e outra dianteira de 5 megapíxeles, unha memoria RAM de 2GB e 16 GB de memoria interna, cun procesador Quad Core Cortex A7 ata 1,5 GHz, 2 GB de RAM. Este dispositivo incluía unha batería Li-ion de 4000 mAh.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pascual, Alfredo (12 de decembro de 2012). "Bq, o cómo montar una tecnológica de éxito en España a base de vender llaves USB". El Confidencial. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 7 de xaneiro de 2014.
- ↑ Jaime Novoa (6 de maio de 2013). "Diseñado en Las Rozas, fabricado en China. La historia de Bq". Xataka (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2014.
- ↑ Henriquez, Elena (12 de febreiro de 2013). "bq Aquaris, un androide de 4,5 pulgadas con doble SIM para el mercado español". Engadget. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ Jiménez, Marimar (12 de novembro de 2013). "Bq planta cara a Apple y Samsung con sus tabletas y 'smartphones' con sello español". Cinco Días. Consultado o 7 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BQ |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da empresaArquivado 10 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- bitloq web de programación