British Aerospace ATP
Aparencia
(Redirección desde «BAe ATP»)
British Aerospace ATP | |
---|---|
ATP da sueca Nextjet | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | British Aerospace |
Primeiro voo | 6 de agosto de 1986 |
Introducido | 1988 |
Produción | 1988 - 1996 |
Unidades construídas | 67 |
O British Aerospace ATP (Advanced Turbo-Prop) é un avión de pasaxeiros producido por British Aerospace. Foi introducido nos anos 80 como unha evolución do Hawker Siddeley HS 748. O aumento do prezo do combustible e as preocupacións sobre os ruídos dos avións fixeron que dende British Aerospace se pensase que había un bo mercado para turbohélices de curto alcance pouco ruidosos e cun consumo eficiente. Porén, no momento do seu lanzamento ese segmento xa estaba ben representado con modelos como os de Havilland Canada Dash 8, ATR 42 e ATR 72 e a súa produción rematou despois de fabricar tan só 67 aparellos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "British Aerospace ATP & Jetstream 61". BAE Systems (en inglés). Consultado o 2020-12-03.