Saltar ao contido

Bádminton nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaBádminton nos Xogos Olímpicos
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportebádminton Editar o valor en Wikidata
OrganizadorComité Olímpico Internacional Editar o valor en Wikidata
Parte deXogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1972 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympic.org… Editar o valor en Wikidata

O bádminton é un deporte que forma parte do programa oficial olímpico dende os Xogos Olímpicos de 1992. Tralo Campionato Mundial, é a máxima competición internacional de bádminton. É organizado polo Comité Olímpico Internacional (COI), xunto coa Federación Mundial de Bádminton (BWF).

Dispútanse cinco torneos diferentes, dous masculinos (individual e dobres), dous femininos (individual e dobres) e un mixto (dobres). Na primeira edición non se realizou o torneo de dobres mixto. Na edición de 1992 foron entregadas por proba dúas medallas de bronce (unha a cada un dos perdedores das semifinais); no resto de edicións disputouse adicionalmente un partido polo terceiro lugar para definir ao gañador da medalla de bronce. O gran dominador deste deporte é a China.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]