ayu-mi-x é o primeiro álbum compilación de remixes da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 17 de marzo do ano 1999 baixo o selo avex trax.
O álbum é o primeiro desta gama para Ayumi Hamasaki, e contén remixes de canción orixinais presentes en "A Song for XX", o seu primeiro álbum de estudio lanzado algúns meses antes deste traballo.
Dividiuse en dous discos de remixes moi diferentes: o primeiro, ayu-mi-x Club Side contiña remesturas bailables dos temas do seu primeiro álbum, a maioría orientados ó xénero House. O segundo, あゆ・み・っくす Acoustic Orchestra Side era un disco que contiña versións acústicas dos temas do álbum, con influencias claras de música clásica. A diferenza entre os dous discos se aprecia tamén en que o álbum ten dúas portadas, unha en cada lado da caixa do álbum. O das versións bailables mostra a unha Ayumi con peitados e maquillaxe futuristas, en troques, no segundo apenas mostra a unha Ayumi cun vestido, cheo de simplicidade.