Saltar ao contido

Avelino Cachafeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Avelino Cachafeiro Bugallo»)
Modelo:BiografíaAvelino Cachafeiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1899 Editar o valor en Wikidata
Soutelo de Montes, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de abril de 1972 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Soutelo de Montes, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGaita e gaita galega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX871285 BUSC: cachafeiro-bugallo-avelino-1899-1972 Musicbrainz: 21aea23a-9639-40a0-a45c-c6baddf6a715 Discogs: 4702363 Editar o valor en Wikidata

Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado na mesma vila o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Avelino, Castor, Bautista e Fermin Cachafeiro.

De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Juan e tocaba polas carballeiras en canto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.

En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González), na véspera do día do Apóstolo.[1] Castelao inmortalizou o momento nunha memorábel caricatura na que aparece o retrato invertido de Rosalía de Castro no fol da súa gaita.[2]

Cara a 1928 gravaron para a compañía Regal as seguintes pezas:

  • "Foliada de Barro de Areu".[3] Solo de gaitas e canto.
  • "La Alfonsina". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Eicho de dar queridiña". Foliada. Dúo de gaitas.
  • "A volta da festa" (pasarrúas). Dúo de gaitas.
  • "Estróupeles-Tróupele". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Rianxeira". Foliada Rías Baixas. Dúo de gaitas.
  • "Fandango de Pontevedra". Dúo de gaitas.
  • "Muiñeira de Chantada". Solo de gaita por Avelino Cachafeiro
  • "Foliada de Luxán". Dúo de gaitas.
  • "Farruquiña, chaman á porta". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Foliada de Tenorio". Solo de gaita e canto.
  • "Alborada de Rosalía de Castro". Dúo de gaita por Avelino e Bautista Cachafeiro.


Xiras e retirada

[editar | editar a fonte]

Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Buenos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona. En 1928 morreu Fermín e en 1933 Bautista. A guerra civil española esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos de 1936, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha funeraria, unha sala de festas e unha gasolineira).

Outros labores

[editar | editar a fonte]

En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo.

A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.

  1. Gómez Cano, Fran X. (2007). A gaita de fol galega. Deputación de Ourense. p. 25. 
  2. Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel (10/08/1924). "O gaiteiro de Soutelo". Galicia: diario de Vigo (582). 
  3. No título aparece errado *Areu por Arén.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]