Ava Gardner
Ava Gardner, nada en Smithfield (Carolina do Norte) o 24 de decembro de 1922 e finada en Londres o 25 de xaneiro de 1990, foi unha actriz de cinema estadounidense, considerada polo American Film Institute como unha das mellores actrices de todos os tempos.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Era a máis nova de 7 irmáns, filla de produtores de tabaco e algodón empobrecidos. Cando tiña 13 anos de idade, mudouse coa familia para Newport News, en Virxinia. O seu pai morreu de bronquite en 1935.
En 1941, cando visitaba a súa irmá Beatrice en Nova York, o esposo de Beatrice, fotógrafo profesional, pediulle para tirar unha foto súa. O resultado agradoulle de tal xeito que el decidiu expor a imaxe na entrada do seu estudio, na Quinta Avenida.
Primeiros traballos
[editar | editar a fonte]A foto de Ava foi vista por Barnard "Barney" Duhan, que traballaba para a rede de teatros Loews Theaters e tamén actuaba como cazador de talentos para a produtora de cine MGM. Ava foi solicitada polos produtores da MGM, e traballou como figurante nos filmes Shadow of the Thin Man, H.M. Pulham, Esq. e Babes on Broadway xa en 1941.
Nomeamento ó Óscar
[editar | editar a fonte]Polo seu traballo en Mogambo (1953) recibiu un nomeamento ó Óscar como mellor actriz, pero perdeu neste ano ante Audrey Hepburn co Roman Holiday. O filme The Night of the Iguana (1964) é considerado o seu mellor traballo como actriz, pero non recibiu o nomeamento por este.
Outros traballos inclúen The Hucksters (1947), Showboat (1951), The Snows of Kilimanjaro (1952), e A condesa descalza (1954). Tamén é lembrada por 55 días en Pequín (1963).
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Shadow of the Thin Man (1941)
- H. M. Pulham, Esq. (1941)
- Babes on Broadway (1941)
- Joe Smith, American (1942)
- This Time for Keeps (1942)
- Kid Glove Killer (1942)
- Sunday Punch (1942)
- Calling Dr. Gillespie (1942)
- Reunion in France (1942)
- Hitler's Madman (1943)
- Ghosts on the Loose (1943)
- Young Ideas (1943)
- DuBarry Was a Lady (1943)
- Swing Fever (1943)
- Lost Angel (1943)
- Two Girls and a Sailor (1944)
- Three Men in White (1944)
- Maisie Goes to Reno (1944)
- Blonde Fever (1944)
- She Went to the Races (1945)
- Whistle Stop (1946)
- Os asasinos (1946)
- Singapore (1947)
- The Hucksters (1947)
- One Touch of Venus (1948)
- The Bribe (1949)
- The Great Sinner (1949)
- East Side, West Side (1949)
- Pandora and the Flying Dutchman (1951)
- My Forbidden Past (1951)
- Show Boat (1951)
- Lone Star (1952)
- The Snows of Kilimanjaro (1952)
- Unha vida por outra (1953)
- The Band Wagon (1953) (Cameo)
- Mogambo (1953)
- Os cabaleiros do rei Artur (1954)
- A condesa descalza (1954)
- Bhowani Junction (1956)
- The Little Hut (1957)
- The Sun Also Rises (1957)
- The Naked Maja (1958)
- On the Beach (1959)
- The Angel Wore Red (1960)
- 55 días en Pequín (1963)
- Seven Days in May (1964)
- The Night of the Iguana (1964)
- A Biblia (1966)
- Mayerling (1968)
- Tam-Lin (1970)
- The Life and Times of Judge Roy Bean (1972)
- Earthquake (1974)
- Permission to Kill (1975)
- The Blue Bird (1976)
- The Cassandra Crossing (1976)
- The Sentinel (1977)
- City on Fire (1979)
- The Kidnapping of the President (1980)
- Priest of Love (1981)
- Regina Roma (1982)
Pequenas aparicións
[editar | editar a fonte]- Fancy Answers (1941)
- We Do It Because (1942)
- Mighty Lak a Goat (1942)
- Some of the Best (1949)
- On the Trail of the Iguana (1964)
- Vienna: The Years Remembered (1968)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ava Gardner |