Auto-Tune
Aparencia
Auto-Tune | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Andy Hildebrand |
Última versión | 8 (1997) |
Sistema operativo | Windows, Linux, Mac OS X |
Tipo | Son |
Licenza | Propietaria |
Sitio web | antarestech.com |
Auto-Tune (en inglés, "auto afinar") é un procesador e creador de son creado en 1997 pola empresa Antares Audio Technologies para voces e instrumentos musicais. Auto-Tune é un afinador de tons de son en gravacións ou actuacións en directo. É amplamente empregado pola industria musical en estudios de música e artistas musicais. As súas orixes están no traballo de enxeñeiro Andy Hildebrand, entón traballador de Exxon, nas súas investigacións para a industria da exploración petrolífera.
Auto-Tune deuse a coñecer mundialmente na canción "Believe" (1998) da cantante norteamericana Cher. Tamén é coñecido como efecto Cher.