August Ames
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mercedes Grabowski 23 de agosto de 1994 Antigonish, Canadá (pt) |
Morte | 5 de decembro de 2017 (23 anos) Camarillo, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio, enforcamento |
Outros nomes | August Ames |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Oromocto High School (en) |
Altura | 168 cm |
Peso | 52 kg |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz porno (2013–2017), modelo |
Período de actividade | 2013 - 2017 |
Empregador | Brazzers Twistys.com (en) Mofos (en) Bang Bros (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Kevin Moore |
Descrito pola fonte | Babepedia |
|
August Ames, nada Mercedes Grabowski en Antigonish o 23 de agosto de 1994 e finada en Camarillo o 5 de decembro de 2017, foi unha modelo e actriz pornográfica canadense. Apareceu en case 270 filmes e recibiu varias candidaturas para os premios AVN.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De ascendencia polaca e tamén con sangue afroamericana. Súa nai padecía trastorno bipolar[3] e tanto ela como seu pai traballaban no exército e, aínda que naceu en Nova Escocia, criouse en Petawawa en Ontario ao estar seus pais destinados na súa gornición[4]. Ames afirmou que sufriu reiteradamente abusos sexuais por parte do seu avó paterno pero que o seu pai non lle deu credibilidade e con doce anos enviouna a vivir durante un tempo nunha casa de acollida[5] e foi ao instituto en Oromocto en Nova Brunswick. A partir dos catorce anos traballou durante dous veráns nun rancho en Colorado Springs no estado norteamericano de Colorado, o seu traballo consistía principalmente en limpar as cortes e darlles cursos de equitación a nenos discapacitados. Tras rematar os estudos foi instrutora de ioga e zumba. Para darlle un xiro á súa vida envioulles peticións de traballo a diversas axencias de modelos para adultos[6].
Actriz porno
[editar | editar a fonte]A súa traxectoria como actriz porno comezou con 19 anos en novembro de 2013. A súa primeira actuación foi unha escena en solitario de fetichismo de lencería, a súa primeira escena cun home foi para o filme Selfies de Wicked Pictures e ao longo da súa carreira evitou toda escena anal. Traballou en arredor de 270 filmes[3] para diversos estudios, como Brazzers, Elegant Angel, Evil Angel, Girlfriends Films, Jules Jordan Video, New Sensations ou Sweetheart Video[7]. Foi candidata a catro AVN Awards, tres deles á mellor artista feminina do ano[8]. En 2016 actuou nun filme non pornográfico Model for Murder: The Centerfold Killer[9]
En decembro de 2017 negouse a rodar unha escena para EroticaX ao coñecer que o actor co que tiña que relacionarse traballara en filmes porno gais e non se sometera a probas de enfermidades de transmisión sexual. O 3 de decembro de 2017 Ames chiou en Twitter[10] o seu malestar e axiña xurdiu un debate na rede social, con críticas e acusacións de homofobia [11][12].
Morte
[editar | editar a fonte]O 5 de decembro, dous días despois, atopárona morta nun parque na localidade californiana de Camarillo[13][14] A oficina de medicina legal do condado de Ventura estableceu que fora un suicicido debido a asfixia por enforcamento[15]. Na autopsia, os resultados toxicolóxicos revelaron que no momento da súa morte no seu sistema había restos de cocaína, marihuana, o antidepresivo Sertralina e o ansiolítico Alprazolam[16]. Fontes próximas á vítima afirmaron que foi o acoso virtual o que conduciu á súa morte[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fresh Face: August Ames". AVN. 1 de abril de 2014.
- ↑ "Porn Star August Ames Dies at 23". New York Daily News. 6 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Dory Jackson (7 de decembro de 2017). "Everything We Know About August Ames' Death". International Business Times. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2017.
- ↑ "The Porn Tragedy Canadian Media Didn't Cover". The Globe and Mail. 31 de decembro de 2018.
- ↑ Nicole Bitette (7 de decembro de 2017). "Porn star August Ames revealed depression struggles before death". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2017.
- ↑ "August Ames Interview For Barelist". Barelist. 3 de xaneiro de 2014.
- ↑ Melissa Santana (6 de decembro de 2017). "Adult Star August Ames Passes Away". XBIZ. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2017.
- ↑ Janice Williams (7 de decembro de 2017). "What was August Ames cause of death?". Newsweek. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2017.
- ↑ "Model for Murder: The Centerfold Killer". Internet Movie Database. 21 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2017.
- ↑ Snow, Aurora (31 de decembro de 2018). "Was Porn Star August Ames Really Cyberbullied to Death?".
- ↑ "This Female Porn Star Was Accused of Homophobia for Refusing to Work With Gay or Bi Men". Hornet. 5 de decembro de de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 21 de xuño de 2020.
- ↑ "Porn Star August Ames Dead At 23, Days After Being Accused Of Homophobia". Hollywood Life. 6 de decembro de 2017.
- ↑ Emmeline Saunders (9 de decembro de 2017). "Porn star August Ames hanged herself in park 20 minutes' drive from her home and left suicide note in car saying sorry to parents". Daily Mirror. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2017.
- ↑ Dan Miller (6 de decembro de 2017). "August Ames Passes Away". AVN. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2017.
- ↑ "Porn star August Ames found dead in suicide after online criticism". BNO News. 6 de decembro de 2017.
- ↑ Connor Casey (9 de febreiro de 2018). "Adult Film Star August Ames Had Cocaine, Depression Medication in Her System at Time of Death".
- ↑ Rachel Desantis (6 de decembro de 2017). "Porn star August Ames dead at 23". New York Daily News.