Saltar ao contido

AtlasGlobal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AtlasGlobal
IATA
KK
OACI
KKK
Indicativo
ATLASGLOBAL
Fundación14 de marzo de 2001
Inicio das operacións1 de xuño de 2001
Aeroporto principalIstanbul-Atatürk
Plan de voo frecuenteAtlasmiles
SubsidiariasAtlasGlobal Ukraine
Frota24
Destinos58
HoldingETS Group
Eslogan da compañíaA World Beyond Dreams
SedeIstanbul, Turquía
Páxina web: https://www.atlasglb.com/

AtlasGlobal, chamada Atlasjet ata o 31 de marzo de 2015,[1] é unha aeroliña turca con sede en Istanbul,[2] que opera voos domçesticos regulares e servizos internacionais de pasaxeiros ademais de voos chárter, a meirande parte deles dende a súa base no aeroporto de Istanbul-Atatürk.

A aeroliña creouse o 14 de marzo de 2001 e iniciou as súas operacións o 1 de xuño do mesmo ano. Naceu co nome Atlasjet International Airlines e fundouse como subsidiaria de Öger Holdings. No ano 2004 o ETS Group mercou o 45% das accións, e chegou a controlar o 90% en febreiro de 2006 tras facerse co control do 45% que tiña Öger Holdings.

En agosto de 2012 AtlasGlobal Airlines contratou a Ryan International Airlines, unha aeroliña chárter estadounidense, para operar voos de peregrinación relixiosa a cidades como Medina e Tel Aviv. En xaneiro de 2013 AtlasGlobal non cumpríu cos pagamentos a Ryan International, o que levou ao final da cooperación sen previo aviso. Ryan International Airlines, que xa se atopaba nun proceso de reorganización por bancarrota, non foi capaz de recuperarse das perdas e enfrontouse a dificultades económicas que levaron á súa liquidación.[3][4]

Atlasjet anunciou que pasaría a chamarse AtlasGlobal o 1 de abril de 2015.[1]

En xaneiro de 2018 a frota de AtlasGlobal estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de AtlasGlobal
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A319-100 1 8 126 134
Airbus A320-200 5 8 156 164
Airbus A321-100 2 8 192 200
Airbus A321-200 14 12
192
216
204
216
Boeing 737-800 1 8 156 164
Total 23
  1. 1,0 1,1 Aero Telegraph (ed.). "Atlasjet zeigt globale Ambitionen". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  2. AtlasGlobal (ed.). "Headquarters And Call Center". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  3. WREX (ed.). "Rockford's Ryan International Airlines liquidating". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  4. NYC Aviation (ed.). "Charter carrier Ryan International Airlines ceases operations". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  5. Planespotters (ed.). "AtlasGlobal Fleet Details and History". Consultado o 14 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]