Athena
Aparencia
Athena foi unha familia de foguetes de propelente sólido construídos con capital privado e deseñados para poñer en órbita diferentes cargas. O nome orixinal dos foguetes foi LMLV (acrónimo de Lockheed-Martin Launch Vehicle) e LLV (Lockheed Launch Vehicle). Foron retirados do servizo tras non dar os beneficios esperados.[1]
Construíronse dúas versións do foguete, correspondentemente denominados Athena 1 e Athena 2. Planeouse unha versión maior denominada Athena 3, pero despois da cancelación do proxecto nunca foi construída.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Athena |