Astrid Båhl
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1959 (65 anos) Karesuando, Suecia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Obra | |
Obras destacables
|
Astrid Båhl, nada como Astrid Margarete Bål o 6 de xuño de 1959, é unha artista saami de Noruega. Alén da súa obra como artista, tamén deseñou a bandeira oficial dos saamis.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Astrid Båhl naceu en 1959 en Karesuando, no condado de Norrbotten, Suecia, e sendo nena trasladouse a Skibotn, Storfjord, no condado de Troms, en Noruega. Estudou educación artística no ensino secundario en Narvik, e continuou a súa formación na Academia Nacional Norueguesa de Artesanía e Industria da Arte en Oslo, onde estudou impresión téxtil, deseño gráfico e debuxo a man alzada. Båhl expuxo o seu traballo en varias exposicións, incluíndo "Mijjen luunie – Kums oss", unha exposición móbil saami do sur en 1994, e "ČSV- å visualisere Sápmi" en Jeløya en 2006.[2]
En 1986, gañou un concurso patrocinado polo xornal Sámi Áigi para deseñar unha bandeira para o pobo saami, superando máis de 70 entradas. A bandeira foi adoptada e izada oficialmente por primeira vez na XIII Conferencia Saami en Åre, Suecia, o 15 de agosto de 1986. Segundo Båhl, o deseño da bandeira inspirouse no poema en lingua saami do sur "Päiven Pārne'" (Fillos dos Sol) de Anders Fjellner e simboliza que o sol dá vida á terra.[3] No seu deseño, Båhl tamén se inspirou en vellos escritos e libros sobre linguas saamis, mitoloxía e simbolismo.[4]
Båhl tamén deseñou os selos postais noruegueses para Tråante 2017, un festival que conmemorou o 100 aniversario da Asemblea Saami de 1917 en Trondheim.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nedredal, Sigve; Sara, Heidi (11 de xuño de 2009). "Sameflaggets mor fylte 50" [Sámi flag's mother turns 50]. NRK (en Norwegian). Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ Figenschau, Maria (12 de febreiro de 2013). "Astrid Båhl". Storfjord kommune (en Norwegian).
- ↑ Aslaksen, Eilif (3 de febreiro de 2009). "Sameflaggets mor" [Sámi flag's mother]. NRK (en Norwegian).
- ↑ Båhl, Edith (27 de setembro de 2006). "Samisk flagg" [Sámi flag]. Tre stammers møte (en Norwegian).