Asseliense
Na escala de tempo xeolóxico, o Asseliense (ou Asseliano) é a primeira idade xeocronolóxica ou o estadio máis inferior cronoestratigráfico do Permiano. É unha subdivisión da época ou serie do Cisuraliano. O Asseliano durou entre hai 298,9 e hai 293,52 millóns de anos (Ma). Foi precedido polo Gzheliano (a subdivisión última ou máis superior do Carbonífero) e seguido polo Sakmariano.
Estratigrafía
[editar | editar a fonte]O estadio Asseliense foi introducido na literatura científica en 1954, cando o estratígrafo ruso V.E. Ruzhenchev o separou do Artinskiano. Nese momento o Artinskian aínda comprendía a maior parte do Permiano inferior (as súas definicións actuais son máis restinxidas). O Asseliense nomeouse así polo río Assel no sur dos Montes Urais de Casaquistán e Bashkortostán.[1]
A base do estadio Asseliano é o mesmo tempo a base da serie do Cisuraliano e do sistema Permiano. Defínese como o lugar no rexistro estratigráfico onde aparecen por primeira vez fósiles do conodonto Streptognathodus isolatus. O perfil de referencia global para a base (o GSSP) está localizado no val do río Aidaralash, preto de Aqtöbe nos Montes Urais de Casaquistán.[2] A parte superior do estadio Asseliense (a base do estadio Sakmariano) é a primeira aparición da especie de conodonto Streptognathodus postfusus.
O Asseliense contén cinco biozonas de conodontos:
- zona de Streptognathodus barskovi
- zona de Streptognathodus postfusus
- zona de Streptognathodus fusus
- zona de Streptognathodus constrictus
- zona de Streptognathodus isolatus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Nonmarine Permian: Volume 30 of Bulletin of the New Mexico Museum of Natural History and Science, page 48. Editors Spencer G. Lucas, Kate E. Zeigler, 2005
- ↑ Davydov, V.I.; Glenister, B.F.; Spinosa, C.; Ritter, S.M.; Chernykh, V.V.; Wardlaw, B.R. and Snyder, W.S.; 1998: Proposal of Aidaralash as Global Stratotype Section and Point (GSSP) for base of the Permian System, Episodes 21(1): pp 11–18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- GeoWhen Database - Asselian
- Carta estratigráfica do Paleozoico superior no sitio web da subcomisión para a información estratigráfica do ICS