Saltar ao contido

Aspron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aspron trachy»)
Aspron trachy de electro de Andrónico I (1183-1185), cuñado con forma cóncava ("scyphate") en Constantinopla. Diámetro: 30 mm. Peso: 4,59 g.

O aspron (en grego: ἄσπρον, do latín asper) foi a denominación xenérica de diversas moedas bizantinas de prata ou de aliaxes deste metal.[1]

A palabra latina asper significaba orixinalmente "áspero", aínda que foi ampliando gradualmente o seu significado cara a "fresco", "novo" ou "acabado de saír" (e, referíndose á prata, "branco").

Foi no século XII cando esta designación, na forma de aspron trachy, tomou o significado que hoxe mantén no ámbito numismático.[2] Trátase de senllas moedas, de electro e de billón, introducidas por Aleixo I (1081-1118), de forma cóncava ("scyphate") e cuñadas ata o século XIV.[3]

  • De electro. Esta moeda equivalía ao valor dun terzo do hyperpyron de ouro, moeda introducida na mesma reforma monetaria de Aleixo I. Contaba con aproximadamente o 25 % de ouro e o 75 % de prata.[4]
  • Aspron trachy de billón de Aleixo I Comneno (1081-1118). Diámetro: 23 mm. Peso: 4,25 g.
    De billón. Paralelamente, emitiuse o aspro de billón, co valor da corentaeoitoava parte do hyperpyron, batida con só un 7 % de prata e que mesmo chegou a ser de cobre puro. O aspron de billón equivalía tamén a 18 unidades de tetarteron de cobre e a 36 nummi (unidades de nummus).[5][6]

A denominación de aspron reapareceu posteriormente nos séculos XIV e XV para se referir novamente de xeito xenérico á moeda de prata da época, en casos como o stavraton bizantino ou do akçe do Imperio Otomán. No século XV, o libro de contas do comerciante e Banco veneciano Giacomo Badoer fai mención de varias cidades e gobernos que cuñaban moedas con esta denominación, como Trebizsonda, Caffa (en Crimea), Samsun e Rodas.[7]

  1. "Asper". Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. Páxina 212. ISBN 978-0-19-504652-6
  2. "Trachy". En Forum Ancient Coins.
  3. "Aspron trachy". En Tipos de moneda bizantina. www.Tesorillo.com.
  4. "The Electrum Coinage (Aspron Trachy Nomisma)". En Hendy, Michael. Catalogue of the Byzantine coins un the Dumbarton Oaks Collection and in the Whittemore Collection. Vol. 4. Parte 1. Harvard University, 1999. Páxina 43. ISBN 0-88402-233-1
  5. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Aspron trachy".
  6. "The Billon Coinage (Aspron Trachy Nomisma)". En Hendy, Michael (1999)
  7. Morrisson, C. "Coin Usage and Exchange Rates in Badoer’s Libro dei Conti". En Dumbarton Oaks Papers, 55 (2001), pp. 217-245.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]