Arvydas Macijauskas
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1980 (44 anos) Klaipeda, Lituania | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 97 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Lituania | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Campionato mundial de baloncesto de 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2003 | Campionato europeo de baloncesto de 2003 |
Arvydas Macijauskas, nado o 19 de xaneiro de 1980 en Klaipėda, é un ex xogador lituano de baloncesto profesional que xogaba na posición de escolta. É considerado un dos mellores baloncestistas lituanos dos anos 2000, conseguindo moitos galardóns individuais, de equipo e coa súa selección.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Macijauskas debutou coma profesional en 1996 co equipo da súa cidade natal, o Neptūnas, equipo no que xogou durante tres tempadas e onde acadou 12.7 puntos por encontro. Xogou as seguintes catro tempadas no Lietuvos rytas, onde gañou a liga lituana nos anos 2000 e 2002. Ademais foi elixido coma mellor xogador da liga nos anos 2002 e 2003. Na súa etapa no Lietuvos rytas, fixo 15.3 puntos en 143 partidos.
Macijauskas fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB para as dúas seguintes tempadas, onde conquistou a Copa do Rei en 2004. En 2005, Macijauskas asinou cos New Orleans/Oklahoma City Hornets da National Basketball Association (NBA), onde apenas participou, xogando tan só 135 minutos en 19 partidos.[1] O 20 de xullo de 2006, Macijauskas asinou co Olympiacos BC grego. En xuño de 2010, anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arvydas Macijauskas Info Page". NBA.com. 1980-01-19. Consultado o 2012-01-25.
- ↑ "Shooting star Macijauskas ends comeback try". Euroleague.net. 2010-06-09. Consultado o 2012-01-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com Arquivado 14 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados no condado de Klaipėda
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores do KK Neptūnas Klaipėda
- Xogadores do BC Lietuvos Rytas
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores do Olympiacos BC
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004