Saltar ao contido

Arvīds Blūmentāls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArvīds Blūmentāls
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1925 Editar o valor en Wikidata
Dundaga, Letonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2006 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Australia Editar o valor en Wikidata

Arvīds Blūmentāls, nado en Būdeni, Municipio de Talsi (Letonia) o 19 de marzo de 1925 e finado o 13 de outubro de 2006, coñecido como Crocodile Harry, foi un aventureiro e cazador de crocodilos letón emigrado a Australia, lenda pop en ambos os países, a miúdo referenciado como posíbel inspiración para o filme Crocodilo Dundee, protagonizado por Paul Hogan.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Arvīds Blūmentāls, escultura de area na cidade de Jelgava.

Nado en 1925 nunha familia de agricultores e mariñeiros na pequena vila de Būdeni, preto de Dundaga. Estudou no Ximnasio Estatal Talsi, en 1942 incorpórase voluntariamente ao 25º Batallón Abava, máis tarde na Lexión Letoa. Foi ferido de gravidade en dúas ocasións, no 1944 e no 1945. Ao final da guerra, acabou na zona de ocupación soviética cerca de Berlín, pero fuxiu á zona americana. Estudou na Escola Agrícola de Alterfrad. En 1947, postúlase para a Lexión Estranxeira Francesa.

En 1951 emigrou a Australia, e en 1956 comezou a cazar nas selvas tropicais do norte de Queensland. En entrevistas e vídeos documentais afirmou que cazara entre 10.000 e 40.000 crocodilos no Territorio do Norte de Queensland durante toda a súa vida. Cando o goberno australiano prohibe a caza de crocodilos en 1968, Blumenthal foi ás minas de ópalo preto da cidade de Coober Pedy no centro do país. Casado coa cantante alemá Marta Blūmentāls, instalou unha casa decorada con ópalos dentro dunha cova da mina, á que chamou " Niño do Crocodilo".

Morreu o 13 de outubro de 2006 no Hospital Coober Pedy, Australia do Sur.


Influencia no cine e na literatura

[editar | editar a fonte]

Rodáronse 20 documentais sobre Blumenthal. En 1985 a súa casa dentro dunha mina de ópalo apareceu na película australiana Mad Max Beyond Thunderdome. En 1995 erixiuse en Dundaga un monumento a Arvīds Blumenthals: un crocodilo de dúas toneladas, obra do escultor Olegs Skarainis. Ivars Seleckis rodou o documental Walking with a Crocodile sobre a tala e instalación dun crocodilo de pedra nas ruínas da Casa Būdeni en Dundaga.

En 2007 a súa casa incluíuse na listaxe de candidatos ao Patrimonio Nacional de Australia. O apartamento, dentro dos depósitos de ópaco, conta con extravagantes esculturas feitas a man por Blumenthal. En 2008 inaugurouse unha exposición adicada a Arvīds Blumenthals no Centro de información turística da parroquia de Dundaga, dentro do Castelo de Dundaga.

No ano 2010 o xornalista letón Rimants Ziedonis publica o libro Himno Nacional - Cazador de Crocodilos.


Crocodilo Dundee

[editar | editar a fonte]

O personaxe de Mick “Crocodile” Dundee, interpretado por Paul Hogan na triloxía de Crocodilo Dundee é comunmente asociado aos feitos reais da bibliografía do tamén cazador Rod Ansell, que sobreviviu ao Outback, onde se perdeu por dous meses en 1977. Cando Ansell morre en 1999[1], este foi eloxiado pola prensa como “O Crocodilo Dundee real”. O propio Paul Hogan negou repetidas veces esta referencia a Ansell. Pero en paralelo na cultura popular letoa e entre os documentalistas australianos da cidade de Queensland defenden que foi a figura do emigrante letón Arvīds Blūmentāls, "Crocodilo Harry" quen primeiro fixo famoso este perfil do aventureiro cazador de crocodilos, e quen inspirou realmente ao filme.[2]

  1. "HOW the Dundee myth died in one mad day". 07 de agosto 1999. Consultado o 26 de decembro de 2023. 
  2. "the-hero-and-the-crocodile". 30 de marzo 2017. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2023. Consultado o 26 de decembro de 2023.