Arte (pesca)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Unha arte de pesca (ou simplemente arte) é un mecanismo, instrumento ou ferramenta que se usa na actividade mariñeira. Malia ter moi diversas tipoloxías, esta denominación úsase colectivamente para todos aqueles medios que presenten esta función na actividade pesqueira, precisamente porque a actividade extractiva tamén presenta moitas modalidades (pesca marítima ou fluvial, marisqueo).
Criterios de clasificación das artes de pesca
[editar | editar a fonte]As artes de pesca poden agruparse segundo tres criterios principais: o tamaño (o cal implica a súa utilización manual ou mecánica), a forma da arte e o xeito de capturar o animal.
Segundo o tamaño poden ser:
- manipulables de pequeno tamaño, como o sacho e a nasa;
- manipulables de tamaño mediano, como a fisga e o truel ou trueiro;
- manipulables de gran tamaño pero de recolla manual, como o mediomundo e ás veces o chinchorro e a volanta;
- non manipulables, como o cerco;
Segundo a forma da arte poden ser:
- liñas e anzois, como o palangre;
- redes, como o xeito ou o bou de vara;
- caixas ou recipientes, como a nasa;
- ferramentas activas, que poden ser:
Segundo o xeito de captura do animal poden ser:
- intervención activa do animal, como na nasa ou o anzol, onde é o propio animal o que cae no engado;
- intervención pasiva do animal e pasiva do home, como nas artes de deriva;
- intervención pasiva do animal e activa (selectiva) do home, como nas artes de arrastre ou de marisqueo;
Clasificación das artes de pesca
[editar | editar a fonte]Na columna da dereita, o código correspondente segundo a ISSCFG, o artigo do Decreto 424/1993 de 17 de decembro e a páxina onde se describe no libro de referencia de Manuel Fariña Castro (1998) Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia:
Tipo | Subtipo | Grupo | Subgrupo | Nome | ISSCFG | 424/1993 | páxina | VOLG | |
Artes | de anzol | liña | (simple: LHP-09.1.0 en tangóns: LTL-09.6.0; de recreo: RG-25.0.0) |
17 | 2 | ||||
palangre =pincho |
palangre de superficie | LLD-09.4.0 | 18 | 4 | | ||||
palangre de fondo | LLS-09.3.0 | 18 | 3 | ||||||
*palangrillo =tala |
LLS-09.3.0 | 20 | 6 | - | |||||
de rede | de *enmalle e enredo |
fixa | raeira =rasca =rasco =rasquiño |
GNS-07.1.0 (de fondo) | 24 | 30 | | ||
volanta | GNS-07.1.0 (de fondo)/ GND-07.2.0 (pesca de altura) |
28 | 30 | ||||||
beta =veta =embalo |
GNS-07.1.0 (de fondo) | 31 | 31 | - | |||||
trasmallo =tramallo |
GTR-07.5.0 | 35 | 31 | | |||||
miño | GTR-07.5.0 | 39 | 32 | ||||||
de deriva | xeito | GND-07.2.0 (volanta na ref. portuguesa) |
43 | 32 | |||||
remolcada | de cerco | cerco =piobardeira =racú =recú =raspita |
(con chalandra: PS1-01.1.1; sen chalandra: PS2-01.1.2) |
47 | 54 | - - - | |||
de arrastre | de fondo | bou | OTB-03.1.1 | 82a | |||||
vaca | OTB-03.1.1 | 82a | - | ||||||
parella | PTB-03.1.3 | 82b | |||||||
(semi)peláxico | OTM/PTM/TMS-03.2.x (0-3) | 85-86 | 39 | ||||||
bou de vara | TBB-03.1.1 | 87 | 49 | ||||||
de arrastre-cerco | bou de man =rapeta |
SV/SDN/SSC-02.2.x (0-2) | 93 | 50 | | ||||
boliche =chinchorro |
SV/SDN/SSC-02.2.x (0-2) | 99 | 51 | | |||||
trampas | nasas | FPO-08.2.0 | 56-75, 78-81 |
19-21 | |||||
*biturón =*boitirón =viturón =voitirón (de lamprea / fluvial) |
76-80 | 22 | - - | ||||||
auxiliares e de marisqueo* |
mediomundo | LNP05.1.0/LNS-05.3.0 | 104-105 | 25 | |||||
gancha | DRH-04.2.0 | 119e | 15 | ||||||
raño | 119d | 15 | |||||||
rastro | 119a-c, 120, 121, 123 |
14 | |||||||
can de ameixa =endeño (remolcado) |
122 | 17 | | ||||||
fisga =frisga |
118e | 12 | - | ||||||
bicheiro | 10.0.0 | 106a | 26 | ||||||
forquita =forcada =forcanza |
127-1b | 13 | | ||||||
francada | 27 | ||||||||
salabardo | LNP-05.1.0 | 118d | 11 | ||||||
trueiro =truel |
FCN-06.9.0 | 127a | 25 | | |||||
angazo | (traídos da agricultura) | 118a, 119-2a |
10 | ||||||
fouciño =fouza |
118c | 11 | - | ||||||
sacho | 118a | 10 | |||||||
rasqueta =raspa |
124 | 13 | | ||||||
espello =mirafondos |
26 | - |
NOTA *: Os códigos asignados nas artes de marisqueo son aproximados, pois a clasificación ISSCFG aplícase só a artes de pesca. Con todo, se foren utilizados para captura dos organismos vivos no mar, o código dado sería o máis probable.
Patrimonio léxico
[editar | editar a fonte]As artes de pesca tradicionais amosan unha variación enorme nas súas denominacións. Unha mostra son o conxunto de rastros (gancha, raño, can de ameixa etc.) que, malia teren unha función e uso semellantes, diferéncianse pola especie capturada. En contraste, en portugués dáse a denominación xenérica draga (v. referencias). A seguinte lista pretende fornecer unha mostra para mellor facerse unha idea das variacións diatópicas no contexto do galego, portugués e castelán:
galego | portugués | castelán |
bicheiro (VOLG) | bicheiro (v. ref. 10.0.0) | |
ó corricán (VOLG) | de corrico | curricán (segundo o DRAE do pt: corricão) |
de deriva | de deriva, derivante | |
nasa | armadilha, nassa, covo, alcatruz, murejona (v. ref. 08.2.0) | |
viturón, voitirón (VOLG) | botirão (v. ref. 08.4.0) | buitrón (DRAE) |
?tangón | retranca | ?tangón |
tarrafa (de cerco e xareta, 01.1.1) | tarrafa (v. ref. 06.9.0) | esparavel (DRAE) |
tramallo, trasmallo (VOLG), *tresmallo | tresmalho (v. ref. 07.5.0) | |
xareta (VOLG) | retenida (v. ref. 01.1.1) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados"
- ISSCFG (International Standard Statistical Classification of Fishing Gear), a clasificación estatística internacional uniforme das artes de pesca da FAO, de gran difusión dende a súa creación en 1971, está dispoñible en varios formatos:
- Lista sinxela en inglés Arquivado 16 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- Esquema xeral simplificado en inglés[Ligazón morta]
- Clave ilustrada trilingüe Arquivado 17 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- Descarga completa ou por partes, trilingüe (en PDF)
- Informe da FAO sobre as artes en América Latina