Arquidiocese católica latina de Nouméa
Archidioecesis Numeana (la) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Parroquia eclesiástica | 88 (2006) | |||
Sacerdote | 39 (2006) | |||
Relixioso cristián | 55 (2006) | |||
Monxa | 111 (2006) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 280.460 (2019) (15,1 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua francesa | |||
Relixión | Igrexa católica latina | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 18.575 | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Catedral | Nouméa Cathedral (en) | |||
Sitio web | diocese.ddec.nc |
A arquidiocese de Nouméa (en latín: Archidioecesis Numeana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2013 tiña 141.204 bautizados sobre unha poboación total de 260.166 habitantes. O seu arcebispo é Michel-Marie-Bernard Calvet.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue o arquipélago de Nova Caledonia. A sé arcebispal é a cidade de Nouméa, onde está a catedral de San Xosé. O territorio está dividido en 20 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A misión católica na Nova Caledonia comezou coa chegada ás illas de cinco misioneiros maristas en 1843. Os comezos modestos da misión foron agravados pola persecución dun xefe local, que obrigou aos misioneiros a refuxiarse en Futuna.
O 23 de xullo de 1847 foi erixida a vigairía apostólica da Nova Caledonia, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía central, mais non foi até o ano seguinte que os misioneiros puideron volver a Nova Caledonia para retomar a evanxelización das illas.
O 9 de febreiro de 1901 cedeu parte do seu territorio para erixir a prefectura apostólica das Novas Hébridas.
O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada a arquidiocese e tomou o nome actual.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Guillaume Douarre (13 de xullo de 1847 - 27 de abril de 1853, finado)
- Pierre Rougeyron (1855 - 1873, renuncia)
- Pierre-Ferdinand Vitte (4 de abril de 1873 - 15 de xaneiro de 1880, renuncia)
- Alphonse-Hilarion Fraysse (14 de marzo de 1880 - 1 de setembro de 1905, finado)
- Claude-Marie Chanrion (1 de setembro de 1905 - 3 de febreiro de 1937, renuncia)
- Edoardo Bresson (1 de xullo de 1937 - 9 de novembro de 1956, renuncia)
- Pierre-Paul-Émile Martin (9 de novembro de 1956 - 7 de abril de 1972, renuncia)
- Eugène Klein (7 de abril de 1972 - 19 de xuño de 1981, renuncia)
- Michel-Marie-Bernard Calvet (19 de xuño de 1981 - actualidade)