Arquelaida
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | século IV Roma, Italia |
Celebración | Igrexa católica |
Arquelaida, máis coñecida por Santa Arquelaida, foi unha mártir cristiá, que viviu entre os séculos III e IV.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Non existen moitos datos sobre a súa vida. Segundo a tradición, era a muller de San Campio.[1] Este foi quen a animou a seguilo na fe e no martirio, canda os seus tres fillos de curta idade.[1] Os seus corpos foron depositados logo por compañeiros cristiáns nas catacumbas de Roma.[1]
Galicia
[editar | editar a fonte]É venerada no Santuario de San Campio de Figueiró (Tomiño, Pontevedra).