Ariamnes II de Capadocia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século III a. C. |
Morte | p. século III a. C. |
Rei | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Período helenístico |
Familia | |
Familia | Ariarathid dynasty (en) |
Fillos | Ariarates III de Capadocia |
Pai | Ariarates II de Capadocia |
Descrito pola fonte | 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) , (sec:Ariamnes) |
Ariamnes II (en grego Aριάμνης), finado no 230 a. C., foi un gobernador e rei de Capadocia dende o 280 a. C. até aproximadamente o 230 a. C.; sucedeu ao seu pai Ariarates II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seléucida Antíoco I Soter ("o Salvador") continuou o traballo do seu pai e foi recoñecido entódolos seus dominios, e no 280 a. C. enviou un exército a Capadocia que non o recoñeceu, polo que ocupou o país. Ariarates II fuxiu cara a Armenia onde foi acollido polo rei Adrat. Finalmente, Antíoco, aceptará que o fillo de Ariarates, Ariamnes, poida recuperar o título de sátrapa.
Non foi até o 256 a. C. que conseguiu de Antíoco II Theos, de Siria a independencia para o seu reino e o dereito a levar o título de Rei. Para iso, estableceu unha alianza con Antíoco na que casou a seu fillo, Ariarates III, con Estratonice III,[1] filla de Antíoco. Daquela, gobernou co seu fillo Ariarates III asociado ao trono,[2] até o 230 a. C. cando morreu.
Favoreceu a helenización e crese que é foi o fundador do estado de Capadocia. Probablemente, foi o primeiro en obter a independencia de Capadocia do imperio seléucida.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guillemin (1858), p. 182
- ↑ Feller (1838), p. 231
- ↑ Diodoro Sículo (traducido polo abade Terrasson) (1744). Histoire Universelle (en francés). VII (XXXI, 3). París.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ariamnes II de Capadocia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Feller, François-Xavier de (1838). Biographie universelle ou dictionnaire historique (en francés). Besançon / París: Outhenin-Chalandre fils.
- Guillemin, J.J: (1858). Historia Antigua (en castelán) II. Madrid / Barcelona: Librería española / Plus Ultra.