Arxentina
República Argentina (es) | |||||
Himno | Himno nacional da Arxentina | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «En unión y libertad (pt) » | ||||
Epónimo | prata | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Buenos Aires | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 47.327.407 (2022) (17,02 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (De facto) | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.780.400 km² | ||||
Punto máis alto | Aconcagua (6.961 m) | ||||
Punto máis baixo | Lagoa do Carbón (−105 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de xullo de 1816 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal | ||||
Órgano executivo | Governo da Argentina (pt) | ||||
• Presidente da Nación Arxentina | Javier Milei (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Congresso da Nação Argentina (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Corte Suprema de Justiça da Nação Argentina (pt) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 487.227.125.386 $ (2021) | ||||
Moeda | Peso arxentino | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ar | ||||
Prefixo telefónico | 54 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 100, 117 e 101 | ||||
Código de país | AR | ||||
Sitio web | argentina.gob.ar | ||||
A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo, a Arxentina reclama as Malvinas, as Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
O seu territorio continental americano, que abrangue gran parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés co Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao leste co Uruguai e o océano Atlántico.
Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal.[1] Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina.[2] Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo,[3] aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo.[4][5] Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos[6] ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.[7][8]
O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome oficial do país é «República Argentina». Por elipse do substantivo, adoita dicirse «Arxentina». O nome «Arxentina» provén do latín argentum (‘prata’) e está asociado coa lenda da Serra de la Plata, común entre os primeiros exploradores europeos da rexión, tanto españois como portugueses. Foron estes quen denominaron Río da Prata ó gran estuario descuberto pola expedición portuguesa de 1502 na que participaba Amerigo Vespucci, e ó que despois chegou Juan Díaz de Solís en 1516, chamándoo Mar Doce.
O nome menciónase por primeira vez no poema publicado en 1602 polo español Martín del Barco Centenera titulado La Argentina y conquista del Río de la Plata, no que describe a rexión do Río da Prata, como tamén a fundación da cidade de Buenos Aires.[9][10]
O topónimo aparece ratificado ó publicarse en 1612 a obra La Argentina manuscrita, do crioulo asunceno Ruy Díaz de Guzmán, obra de historia na que, no medio dun relato épico, faise unha descrición da rexión. No final do século XVIII, a palabra era de uso común para denominar todo o relacionado co Río da Prata, a súa conca, o seu territorio e os seus poboadores, pero o vicerreinado creado en 1776, antecedente inmediato do país independizado en 1816, levou o nome de «Vicerreinado do Río da Prata».
A Primeira Xunta de Goberno empregou o nome de Provincias Unidas do Río da Prata, que foi tamén empregado polos gobernos que o sucederon ata que, en 1816, o Congreso de Tucumán proclamou a independencia das Provincias Unidas de Suramérica, nome que mantivo na Constitución de 1819.
Oficialmente, empregouse por primeira vez a denominación República Arxentina na Constitución de 1826. Durante o goberno de Juan Manuel de Rosas (1835-1852) utilizáronse, entre outros, os nomes de Confederación Arxentina, República da Confederación Arxentina e Federación Arxentina.
A Constitución arxentina de 1853 sancionouse en nome do pobo da Confederación Arxentina, pero ó incorporarse o Estado de Buenos Aires, en 1860 cambiouse por Nación Arxentina e incorporouse o artigo 35:
As denominacións adoptadas sucesivamente dende 1810 até o presente, a saber: Provincias Unidas do Río da Prata; República Arxentina, Confederación Arxentina, serán en adiante nomes oficiais indistintamente para a designación do Goberno e territorio das provincias, empregándose as palabras «Nación Arxentina» na formación e sanción das leis.[11]
O 8 de outubro de 1860, na cidade de Paraná, daquela capital da Confederación Arxentina, o presidente Santiago Derqui decretou que:
[...] sendo axeitado a este respecto estabelecer a uniformidade nos actos administrativos, o Goberno ven de acordar que para todos estes actos se empregue a denominación República Arxentina.[12]
O nome foi confirmado definitivamente en 1862 por Bartolomé Mitre, primeiro presidente do país reunificado, ó utilizar o título de presidente da Nación Arxentina.
Historia
[editar | editar a fonte]A rexión noroeste da Arxentina formaba parte do Imperio Inca, chamado Tawantinsuyu, e as pampas eran dominadas por amerindios nómades. En febreiro de 1516, o navegante español Juan Díaz de Solís pilotou a súa nave ao grande esteiro do Río da Prata e reclamou a rexión arredor no nome de España.
O territorio foi colonizado por España ao longo do século XVI e XVII; derivando o nome da Arxentina das pranchas de prata (argentum en latín) que os primeiros colonos observaron en posesión dos indíxenas.
O país independizouse de España en 1816, tralo cal producíronse disputas internas entre faccións federalistas ("federais") e centralistas ("unitarios") até a proclamación da constitución de 1853 aínda hoxe vixente coas modificacións realizadas en 1994.
A historia posterior foi marcada por conflitos internos entre conservadores-militares e liberais-civís. Trala segunda guerra mundial, produciuse o triunfo do movemento popular peronista.
Até 1983 fóronse alternado no poder gobernos democráticos con xuntas militares cada vez máis sanguiñolentas, cuxa consecuencia máis directa, ademais das incontábeis perdas humanas, supuxeron a sangría económica do país. Desde entón producíronse eleccións democráticas que non permitiron consolidar o progreso democrático do país e estiveron acompañadas de problemas económicos, que provocaron unha recesión sen precedentes no final de 2001.
Goberno e política
[editar | editar a fonte]Desde a constitución de 1853 o sistema de goberno é representativo, republicano e federal. Politicamente, está dividida en provincias que gozan de autonomía. A constitución vixente é a orixinal con algúns cambios realizados en 1994.
Provincias da Arxentina
[editar | editar a fonte]O territorio da república está dividido nunha Capital Federal e 23 provincias:
Algunhas das provincias máis importantes en canto á súa poboación e actividade económica son Santa Fe e Córdoba, situadas ao noroeste da Provincia de Buenos Aires.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía da Arxentina.
A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chaturas (chairas) no leste, montañas no centro e montañas no oeste. Ao sur do país atópase a Patagonia, unha extensa meseta de orixe precámbrica, constantemente sucada por fortes ventos en dirección oeste-leste. O país encóntrase atravesado de sur a norte pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile.
O pico máis alto da Arxentina (e tamén de toda América) é o cerro Aconcagua, de 6950 m. No centro do país atópase a chaira pampeana, unha das máis fértiles do mundo: a Pampa. Cara ao nordeste atopamos unha rexión de vexetación espesa e selvática e cara ao oeste unha rexión de meseta alta chamada o Altiplano.
Clima
[editar | editar a fonte]A meirande parte do territorio arxentino está situado na zona temperada do hemisferio sur. Verifícanse no país climas tropicais e subtropicais, áridos e fríos, con combinacións e contrastes diversos, resultantes das variacións de altitude e outros factores. En case todas as rexións da Arxentina rexístranse nevadas ocasionais, excepto no extremo norte, onde predomina un clima tropical. Nesa mesma área, os días son quentes de outubro a marzo e fríos e secos de abril a setembro.
Máis amenos son os índices predominantes na Pampa, húmido e fresco na súa parte oriental, nas provincias de Buenos Aires e La Pampa. Os veráns, aínda que son intensos, en Mar del Plata non superan unha media superior a 21 °C. Máis seco para o lado do oeste e Mendoza, o clima da Pampa, nesa franxa, ten as súas chuvias de verán rapidamente evaporadas.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía da Arxentina.
Exportacións a[13] | Importacións de[13] | ||
---|---|---|---|
País | Porcentaxe | País | Porcentaxe |
Brasil | 17,5 % | Brasil | 32,6 % |
China | 9,4 % | Estados Unidos | 14,2 % |
Estados Unidos | 7,6 % | China | 8,7 % |
Chile | 6,9 % | Alemaña | 5,7 % |
España | 4,1 % |
A economía arxentina vese beneficiada por unha gran riqueza e variedade de recursos naturais que posúe, unha poboación cun bo nivel de educación, un sistema de agricultura e unha importante base industrial, que chegou a ser a máis desenvolvida da América Latina, estancada a partir do último cuarto do século XX.
Actualmente, a Arxentina é a terceira potencia en materia económica de América Latina, superada por Brasil e México. Se ao PBI o consideramos en paridade de poder adquisitivo, segundo o Fondo Monetario Internacional), en 2007 alcanzou os 523,739 millóns de dólares,[14] acurtándose as distancias respecto ao PBI do Brasil ou de México. O PBI per cápita medido en paridade de poder adquisitivo (paridade de poder adquisitivo) de USD no 2007 foi estimado en 13.300,[13][14], un dos máis altos da rexión.
As exportacións de bens totalizaron no 2007 os 55.780 millóns de dólares, mentres que as importacións acadaron os 42.525 millóns, creando un superávit de 13.255 millóns de dólares. As exportacións e importacións de servizos nese mesmo ano, son uns totais de 10.283 e 10.782 millóns de dólares respectivamente, xerando un déficit de 499 millóns de dólares.[15]
O país mantén unha débeda externa de 123.196 millóns de dólares (dec. 2007), equivalente ao 46,74% do PBI. A cantidade da mesma débese principalmente a operacións fraudulentas realizadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983),[18] período no cal a débeda medrou un 364%, e a toma masiva de préstamos externos durante os dous gobernos sucesivos de Carlos Menem, debido á política de dólar barato favorecida pola lei de convertibilidade. A relación entre o PBI e a débeda externa chegou ao seu punto crítico en xaneiro de 2002 cando representou o 190% do PBI. Dende entón unha combinación de redución da débeda, moderación na toma de novos créditos e aumento do PBI, reduciron a débeda a pouco menos da metade do PBI, que de todos os xeitos, é elevada.
A presión tributaria achábase ao finalizar 2007 no 25%. É un valor baixo comparado co Brasil (37%) e Europa (38%), mais no período 1997-2002, o valor da porcentaxe rexistrábase como o 16,7%. A estrutura impositiva descansa principalmente no Imposto de Valor Engadido (IVE), que aporta o 31% do total, aínda que a súa importancia relativa reducíase fronte á media do período 1997-02, que foi do 39%, debido a un aumento do Imposto da renda, que pasou dun 19% ao 21% do total, e sobre todo das retencións ás exportación, que pasou de supoñer do 1% ao 10%.
Segundo o INDEC, a inflación alcanzada no 2007 foi do 8,5%, a cal continuaba cunha tendencia descendente. Mais, a veracidade das medicións do INDEC está actualmente sendo cuestionada por manipulación de datos. Outros analistas económicos estiman unha inflación de entre o 16% e o 18% no 2007.[19]
Os últimos indicadores de nivel nacional mostraron que a taxa de pobreza no semestre de outubro de 2007 a marzo de 2008 representou o 20,6% da poboación e a de indixencia o 5,9%.[20] O desemprego no cuarto trimestre do 2007 encontrábase nun 7,5%, excluíndo os beneficiarios de plans sociais de emprego como “empregados”, que farían unha cifra do 7,8%-8,1% . O subemprego, en tanto, situouse nun 6,0%.
A Arxentina forma parte do bloque rexional coñecido como Mercosur, integrado pola Arxentina, o Brasil, Paraguai e o Uruguai, e tamén Venezuela, en proceso de volverse membro pleno do bloque. Como consecuencia do Mercosur, as relacións comerciais entre a Arxentina e o Brasil aumentaron até volverse de primeira importancia para ambos os países. En maio do 2002 comezou un proceso de desequilibro na balanza comercial entre ambos países, fortemente deficitario para a Arxentina, que foi motivo de preocupación para empresarios e funcionarios dese país.[21] No 2006 os gobernos da Arxentina e o Brasil asinaron unha serie de acordos bilaterais, entre os que se encontra a cláusula de adaptación competitiva e os acordos referidos aos intercambios comerciais do sector dos automóbiles. O propósito de ambos acordos é reducir as asimetrías presentes no bloque.[22]
A moeda oficial da Arxentina dende 1992 é o peso ($).
Demografía
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Inmigración na Arxentina.
A poboación arxentina é na súa maior parte descendente de inmigrantes galegos e italianos, en menor medida tamén teñen presenza inmigrantes doutras zonas de España, xudeus, alemáns, así como tamén doutros países europeos que chegaron en ondas a fins do século XIX e inicios do XX. Hai ademais un importante continxente de inmigrantes do Medio Oriente, que se concentran nas grandes cidades.
Os mesmos conservan as súas tradicións, concentrándose as súas poboacións nas provincias do norte, nordeste e sur. O censo realizado en 2001 incluía unha pregunta relativa á pertenza a pobos indíxenas co propósito de realizar posteriormente unha enquisa complementaria para abordar en profundidade a cuestión indíxena.
Malia ser o castelán o único idioma oficial, estes grupos conservan os seus idiomas maternos.
A relixión oficial na Arxentina é a católica, aínda que a constitución consagra a liberdade de culto, existindo importantes comunidades xudía, islámica e protestante.
Cultura
[editar | editar a fonte]Música
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Música da Arxentina.
O tango é un estilo musical e un baile nacido nos arrabaldes porteños con difusión internacional, ligado fortemente coa Arxentina e co Uruguai, pero sobre todo con Buenos Aires. Neste xénero musical destacaron Carlos Gardel, considerado como o Rei do Tango, e o marplatense Astor Piazzolla.
Literatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura da Arxentina.
A literatura arxentina ocupa un lugar destacado dentro da literatura castelá, con expoñentes de final do século XIX como José Hernández (autor de Martín Fierro, traducido a máis de 70 idiomas), ou do século XX, como Jorge Luis Borges, Julio Cortázar e Juan Gelman, tres dos autores máis destacados da literatura en español.
Cine
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cine da Arxentina.
O cinema arxentino é, historicamente, un dos máis importantes de América Latina.[23] As primeiras longametraxes animadas, mudas e sonoras, foron realizadas por Quirino Cristiani. En 1986, a película La historia oficial, dirixida por Luis Puenzo, conseguiu un premio Óscar para o mellor filme estranxeiro.
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Aninovo | Año Nuevo | |
marzo-abril | Venres Santo | Viernes Santo | |
2 de abril | Día do Veterano de Guerra e dos Caídos na Guerra das Malvinas | Día del Veterano de Guerra y de los Caídos en la Guerra de las Malvinas | |
8 de abril | Epifanía | Epifanía | |
1 de maio | Día do Traballador | Día del Trabajador | |
25 de maio | Primeiro Goberno Nacional | Primer Gobierno Nacional | |
20 de xuño | Día da Bandeira - Morte do xeneral Manuel Belgrano | Día de la Bandera - Muerte del general Manuel Belgrano | |
9 de xullo | Día da Independencia | Día de la Independencia | |
17 de agosto | Morte do xeneral José de San Martín | Muerte del general José de San Martín | |
12 de outubro | Día da Raza | Día de la Raza | |
8 de decembro | Inmaculada Concepción de María | Inmaculada Concepción de María | |
25 de decembro | Nadal | Navidad |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Argentina - Acerca del Gobierno" (en español). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ United Nations Development Programme, ed. (2007). "Human Development Report" (PDF) (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2009.
- ↑ Banco Mundial, ed. (01/07/2008). "Gross domestic product 2007" (pdf) (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2009.
- ↑ International GDP ranking Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Argentina Country Fact Sheet Arquivado 15 de xullo de 2010 en Wayback Machine. Nacións Unidas.
- ↑ Country Classifications by the World Bank
- ↑ "Emerging Markets - Argentina". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "The Global Emerging Markets Database". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Martin del Barco Centenera" (en inglés). New Advent. Consultado o 27 de xuño de 2008.
- ↑ Traba, Juan. Origen de la palabra «argentina». Rosario: Escola de Artes Gráficas do Colexio San Xosé, 1985.
- ↑ Declaracións, dereitos e garantías (segundo a Constitución).
- ↑ Rosenblat, Ángel (1964). El nombre de la Argentina. Buenos Aires: Eudeba Editorial Universitaria de Buenos Aires.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 CIA, ed. (19/06/2008). "Argentina". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12/06/2007. Consultado o 2008-06-22.
- ↑ 14,0 14,1 FMI. (en inglés)
- ↑ Instituto Nacional de Estadística y Censos (ed.). "Estimacións trimestrais do balance de pagos e de activos e pasivos externos da República Arxentina" (pdf). Sector externo/Balanza de pagos (en español). Consultado o 2008-07-26.[Ligazón morta]
- ↑ Ministerio de Economía e Produción, ed. (2008). "Información económica". Información económica (en español). Arquivado dende o orixinal (xls) o 25 de maio de 2015. Consultado o 2008-06-22.
- ↑ SENASA, ed. (2008). "Estadísticas" (en español). Arquivado dende o orixinal (xls) o 12 de xullo de 2008. Consultado o 2008-06-22.
- ↑ Sentenza do xuíz Jorge Ballesteros no xuízo "Olmos, Alejandro c/ Martinez de Hoz y otros s/ Defraudación", do 13 de xuño de 2000
- ↑ Diario Clarín, ed. (08-01-2008). "INDEC: a inflación de 2007 foi do 8,5%, a menor en catro anos" (en español). Arquivado dende o orixinal o 07-02-2009. Consultado o 2008-08-07.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística y Censos (ed.). "Incidencia da pobreza e indixencia no total de aglomerados urbanos e por rexión estadística. Primer semestre 2005" (en castelán). Arquivado dende o orixinal (xls) o 27 de xaneiro de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2008.
- ↑ "Crece el déficit comercial con Brasil" es Arquivado 13 de febreiro de 2007 en Wayback Machine., Clarín, 8 de maio de 2006 (en castelán); "Gestiones para equilibrar la balanza comercial entre la Argentina y Brasil" Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine., La Nación, 26 de marzo de 2008. (en castelán)
- ↑ Graciela Baquero (3/2/2006). Mercosur ABC, ed. "El Acuerdo entre Argentina y Brasil" (en español). Arquivado dende o orixinal o 27/09/2007. Consultado o 22/6/2008.
- ↑ Roman, José (2002) Panorama histórico do cine latinoamericano Arquivado 25 de xuño de 2007 en Wayback Machine., Universidade de Chile. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arxentina |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso, María, Roberto Elisalde y Enrique Vázquez (1994). editor Aique, ed. Historia Argentina y el Mundo Contemporáneo. Buenos Aires. ISBN 950-701-203-6.
- Gerchunoff, Pablo, y Lucas Llach (1998). Ariel, ed. El ciclo de la ilusión y el desencanto: un siglo de políticas económicas argentinas. Buenos Aires. ISBN 950-9122-57-2.
- Automóvil Club Argentino, ed. (2008-2009). Guía Turística Argentina. Buenos Aires. ISBN 7-7980-5273052-7.
- LOPRESTI, Roberto P. (1998). Buenos Aires: Unilat, ed. Constitución Argentina Comentada. ISBN 987-96049-3-8.