Saltar ao contido

Arca, O Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arca
Igrexa de Santaia de Arca.
ConcelloO Pino[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°54′N 8°21′O / 42.9, -8.35
Área15,85 km²
Poboación1.275 hab. (2019)
Densidade80,44 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Santaia de Arca[1] é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Ten unha superficie de 15,85 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 1.275 habitantes (632 homes e 643 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 820 habitantes.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Toponimia e microtoponimia de parte de Arca e Pereira[2][3][4]

Segundo Mateo Sanz, o topónimo Arca ven do termo prerromano arka, que pode significar lugar que une ou lugar que está xunto a outro[5]. Isto pódese explicar sinalando que o lugar da Igrexa (Santaia de Arca), sería un espazo que uniría as costas que van cara ao Monte de Arca (O Pedrouzo) cos vales dos regos do Burgo e de Xeimar, é dicir, un espazo intermedio entre eles.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santaia, baixo a advocación de Baia de Mérida, foi matriz da de San Vicenzo do Pino, estando o seu cura a mediados do século XIX baixo o padroado da familia compostelá dos Peña.[6]

Desta parroquia era a nai do pintor e escritor Luís Seoane, María López Mosquera[7], quen herdou nesta parroquia unhas terras onde co seu marido construíu unha casa onde residirían varios anos antes de se trasladar a Santiago de Compostela. Tras ser durante un tempo a casa do concello do Pino, hoxe en día é a oficina de Correos[8].

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Arca

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña)

Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa

Parroquias do Pino

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Real Academia Galega / Xunta de Galicia (ed.). "Estado de recolleita: topónimos por concello. O Pino" (xls). Toponimia de Galicia. Consultado o 4-9-2020. 
  3. Dirección General del Catastro, Secretaría de Estado de Hacienda, Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España (ed.). "Cartografía Catastral. Pedrouzo". Sede Electrónica del Catastro. Consultado o 5-9-2020. 
  4. Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  5. Mateo Sanz, Gonzalo (xullo de 2018). "La naturaleza en la toponimia española (II))". Flora Montibérica (en castelán) (71): 43. ISSN 1138-5952. 
  6. Madoz, Pascual (1845). "ARCA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 56. 
  7. "Persoeiros históricos. Luís Seoane". Web oficial do Concello do Pino. Consultado o 18-8-2020. 
  8. "Casa do Concello - contacto. Historia da casa consistorial". Web oficial do Concello do Pino. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]