Araucaria
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Araucarias (xénero Araucaria) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Araucaria angustifolia. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ver texto |
Araucaria é un xénero de árbores coníferas da familia Araucariaceae. Existen 19 especies no xénero, cunha distribucións altamente espallada. En Galicia é común atopala en parques e xardíns urbanos e areas residenciais. Comunmente coñécense coma araucarias, aínda que moitas especies reciben en galego o nome de piñeiros, por seren coníferas, pero cómpre non confundilas cos verdadeiros piñeiros, árbores do xénero Pinus.
Moitas das poboacións actuais son relictas.
Atópanse en bosques e estepas, cunha afinidade para os sitios expostos. Estas árbores verticais son fósiles viventes, da idade Mesozoica. Os rexistros fósiles demostran que o xénero tamén estivo antes no hemisferio norte até o final do período Cretáceo.
A especie Araucaria araucana é a árbore nacional de Chile; os nativos mapuches de Chile central e do suroeste da Arxentina utilizan a semente da araucaria coma alimento. Moitas veces tense chamado á araucaria "piñeiro", malia que a súa relación cos piñeiros (Pinus) está moi afastada.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, e o común galego, deriva da rexión de América do Sur chamada Arauco, onde moran os nativos mapuches do Chile central e do suroeste da Arxentina.
Distribución
[editar | editar a fonte]Nas Américas atópanse na Patagonia da Arxentina, Chile, e sur e parte do sueste do Brasil e o leste de Paraguai. En 1835, Charles Robert Darwin – na súa viaxe arredor do mundo no HMS Beagle - descubriu un bosque con máis de 52 araucarias fósiles en posición de vida, en Paramillos de Uspallata. En Oceanía na Nova Caledonia (onde trece especies son endémicas), Illa Norfolk, sueste da Australia, Illa de Nova Guinea,
Descrición
[editar | editar a fonte]Son principalmente árbores grandes cun toro ergueito, groso, masivo, acadando unha altura de 30 a 80 m. As pólas acostuman ser horizontais e ben separadas; estando cubertas con follas coriáceas ou aciculares.
Nalgunhas especies, as follas son lanceoladas e de forma estreita, pouco imbricadas, noutras son anchas e planas, amplamente imbricadas. As árbores son sobre todo dioicas, os conos masculinos e femininos preséntanse en árbores separadas.
Os conos femininos, xeralmente na copa da árbore, son globosos, e varían de tamaño segundo a especie a partir dun diámetro de 7 a 25 cm. Conteñen de 80 a 200 sementes, grandes e comestíbeis, semellantes aos núcleos de piñeiro, pero maiores. Os conos masculinos son mái miñudos, de 4 a 10 cm, con forma de cilindro, de 1,5 a 5 cm de largo.
Por mor ao seu crecemento tan amodo, non ten a mesma difusión que outras especies de árbores ornamentais, porén é posíbel ver algúns exemplares nos parques e prazas de Galicia e gran parte do mundo.
Usos
[editar | editar a fonte]As araucarias, inclusive o piñeiro do Paraná (Araucaria angustifolia) son excelentes plantas para seren cultivadas coma árboriñas a xeito de 'bonsai' oriental, conforme as antigas tradicións da China e do Xapón.
Adoitan empregarse como árbores ornamentais en parques e xardíns. En Galicia son comúns na xardinaxe de pazos e cidades.
Clasificación e lista das especies
[editar | editar a fonte]O xénero divídese en dúas seccións, sendo algunhas veces tratados como xéneros separados:
Sección Araucaria
[editar | editar a fonte]Follas extensas; piña con máis de 12 cm de diámetro; xerminación hipoxea da semente.
- Araucaria angustifolia. Piñeiro do Paraná. Sur e sueste do Brasil, Paraguai e Misiones, Arxentina.
- Araucaria araucana. Piñeiro de Chile, Araucaria de Chile. Rexión sur de Chile e suroeste da Arxentina.
- Araucaria bidwillii. Araucaria australiana ou piñeiro bunia. Leste da Australia.
- Araucaria hunsteinii. Klinki. Nova Guinéa.
Sección Eutacta
[editar | editar a fonte]Follas estreitas, forma de furador; piña con menos de 12 cm de diámetro; xerminación epixea da semente.
- Araucaria bernieri. Nova Caledonia.
- Araucaria biramulata. Nova Caledonia.
- Araucaria columnaris. Piñeiro de Cook. Nova Caledonia.
- Araucaria cunninghamii. Piñeiro da Baía Moretón. Leste da Australia, Nova Guinea.
- Araucaria heterophylla. Araucaria da Illa de Norfolk Araucaria excelsa. Illa Norfolk.
- Araucaria humboldtensis. Nova Caledonia.
- Araucaria laubenfelsii. Nova Caledonia.
- Araucaria luxurians. Nova Caledonia.
- Araucaria montana. Nova Caledonia.
- Araucaria muelleri. Nova Caledonia.
- Araucaria nemorosa. Nova Caledonia.
- Araucaria rulei. Nova Caledonia.
- Araucaria schmidii. Nova Caledonia.
- Araucaria scopulorum. Nova Caledonia.
- Araucaria subulata. Nova Caledonia.
En Galicia
[editar | editar a fonte]Existen varios exemplares de diferentes especies de araucarias que figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, o que demostra o seu cultivo ornamental dende hai séculos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Araucaria araucana (Provincia do Neuquén).
-
Araucaria cunninghamii.
-
Araucaria heterophylla.
-
Araucaria mirabilis (fósil)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Araucaria |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Araucaria |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Araucaria angustifolia (Araucaria) identificación de especies forestais
- Araucaria angustifolia no Brasil. O artigo tamén indica como cultivar esta árbore.
- Gymnosperm Database: Araucaria
- Araucaria araucana Arquivado 24 de maio de 2013 en Wayback Machine.: fotografías e información. (español)