Saltar ao contido

Aquenio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aquenios na superficie dun amorodo.

Un aquenio é un tipo de froito normalmente seco, con orixe nun ou máis carpelos, indeiscente, portando normalmente unha semente. En Moraceae, os aquenios poden ser carnosos.

En Asteraceae, os aquenios poden estar acompañados de papo, unha modificación do cáliz das súas flores, que posúen ganchos e espiños que facilitan súa dispersión.

Xeralmente nos froitos, o seu pedúnculo é apreciado máis que o aquenio.

Nas plantas con máis dun carpelo, o froito é un poliaquenio. É o caso das Lamiaceae e Ranunculaceae.