Saltar ao contido

Anwar el-Sadat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnwar el-Sadat

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد أنور السادات Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Mit Abu al-Kum (Sultanato de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1981 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaUnknown Soldier Memorial (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro do Exipto
15 de maio de 1980 – 6 de outubro de 1981
← Mustafa Khalil (pt) TraducirHosni Mubarak ⊟
Primeiro ministro do Exipto
26 de marzo de 1973 – 25 de setembro de 1974
← Aziz Sedki (en) TraducirAbd El Aziz Muhammad Hegazi (en) Traducir ⊟
Presidente de Exipto
15 de outubro de 1970 – 2 de setembro de 1971
Presidente de Exipto
28 de setembro de 1970 – 15 de outubro de 1970
Presidente de Exipto
28 de setembro de 1970 – 6 de outubro de 1981
← Gamal Abdel NasserHosni Mubarak ⊟
Vicepresidente de Exipto
19 de decembro de 1969 – 14 de outubro de 1970
← Hussein el-ShafeiAli Sabri (en) Traducir ⊟
Speaker of the National Assembly of the United Arab Republic (en) Traducir
26 de marzo de 1964 – 12 de novembro de 1968
Speaker of the National Assembly of the United Arab Republic (en) Traducir
21 de xullo de 1960 – 27 de setembro de 1961 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Militar Exipcia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, diplomacia e exército Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, estadista, oficial, líder militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Democrático (1977–1981)
Unión Árabe Socialista (1962–1977) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoNasserismo (pt) Traducir, Nacionalismo exipcio, liberalismo económico, Capitalismo e Infitah (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Egípcio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariscal Editar o valor en Wikidata
ConflitoRevolução Egípcia de 1952 (pt) Traducir
guerra civil do Iemen do Norte
Guerra do Yom Kippur Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJehan Sadat (1949–1981)
Eqbal Madi (1940–1949) Editar o valor en Wikidata
FillosRuqayya Sadat
 () Eqbal Madi
Rawia Sadat
 () Eqbal Madi
Camilia Sadat
 () Eqbal Madi
Lubna Sadat
 () Jehan Sadat
Nukha Sadat
 () Jehan Sadat
Jamal Sadat
 () Jehan Sadat
Jikhan Anwar Sadat
 () Jehan Sadat Editar o valor en Wikidata
PaisMohammed Sadati Editar o valor en Wikidata  e Sitt-Al-Barrein Editar o valor en Wikidata
ParentesAtef Sadat, irmán consanguíneo Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
6 de outubro de 1981assassination of Anwar Sadat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBrockhaus Enzyklopädie (19 ed.) (en) Traducir, (vol:19, sec:Sadat, Mohammed Anwar as-S., p.51)
Dictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webanwarsadat.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0755427 Allocine: 440242
BNE: XX1103786 Musicbrainz: a836b6d4-1e8e-4034-8907-413332420f11 Discogs: 808083 WikiTree: El-_Sadat-1 Find a Grave: 6523229 Editar o valor en Wikidata


Anwar el-Sadat

Muḥammad Anwar as-Sādāt, en árabe, محمد أنور السادات, transcrito frecuentemente como Anwar el-Sadat ou Anwar Sadat, nado en Mit Abu l-Kum o 25 de decembro de 1918 e finado no Cairo o 6 de outubro de 1981, foi un político e militar exipcio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Sendo aínda un mozo militar participou xa en movementos políticos, como os motíns dos Irmáns Musulmáns contra a influencia occidental en Exipto e contra a monarquía de Faruq I, que a permitía. Desde 1939 uniuse a Nasser, integrándose no seu Movemento de Oficiais Libres despois da derrota na primeira guerra contra Israel (1948).

Segunda guerra mundial e ascensión política

[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial foi acusado de colaboracionismo cos nazis para asasinar a un oficial británico pero en 1946 foi absolto de tódolos cargos. Desde que Nasser tomou o poder en 1952 Sadat foi ascendendo no seu réxime: membro do Consello da Revolución, ministro, secretario do partido único e, desde 1969, vicepresidente da República.

Ó morrer Nasser en 1970 Sadat impúxose ós seus rivais no partido e herdou o poder, así como o proxecto de nacionalismo árabe que representaba Nasser. En 1973 desencadeou un novo ataque, xunto con Siria, que sorprendeu a Israel e no que estivo a piques de triunfar. Con todo, o fracaso daquela ofensiva (a Guerra do Yom Kippur) convenceu a Sadat da conveniencia de postergar a causa da unidade árabe e da loita contra Israel, en beneficio dunha política máis realista que servise para o fortalecemento e desenvolvemento de Exipto.

Desde 1976 desvinculouse da tradicional alianza coa Unión Soviética, acercándose a Estados Unidos, do que obtivo fortes axudas económicas. En 1977 viaxou por sorpresa a Xerusalén, adquirindo o compromiso de recoñecer o estado de Israel baixo determinadas condicións. En 1978 tivo un novo encontro co Primeiro Ministro de Israel para preparar, en 1979, por mediación do presidente Jimmy Carter, a paz con Israel nos Acordos de paz de Camp David, asinados conxuntamente con Menachem Begin. Exipto foi así o primeiro país árabe en selar unha paz duradeira con Israel, o que foi interpretado en medios radicais como unha «traizón». Isto recruou a oposición ó réxime de Sadat, que se apoiaba sobre o descontento social creado pola súa política económica liberal.

Sadat recorreu á represión, especialmente contra os focos de resistencia musulmáns integristas. Foi asasinado por militares desa tendencia durante un desfile.

Anwar el-Sadat recibiu en 1978 o Premio Nobel da Paz xunto a Menachem Begin.

Predecesor:
Gamal Abdel Nasser
Presidente de Exipto
1970 - 1981
Sucesor:
Hosni Mubarak

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]