Antonio Benito Yebra de Ares
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1926 Monterroso, España |
Morte | 2012 (85/86 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escritor |
Antonio Benito Yebra de Ares, nado en Monterroso o 25 de abril de 1926 e finado en novembro de 2012, foi un pintor e escritor galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou diferentes mostras individuais en diferentes puntos de España e tamén en París. Tamén foi o creador dos carteis publicitarios para os Xacobeos de 1993 e 1999.[1]
Foi o cronista oficial do concello de Monterroso.[1]
Estaba casado con Tucha Calvo, quen fora unha das primeiras concelleiras no concello de Lugo e tiveron un fillo, Miguel Ángel.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Pazos y señoríos de la provincia de Lugo, tres tomos, 2000-2005.[1]
- Os xeitos de hoxe 1977.[1]
- Os sons da Braña, 2006.[1]
- Argalladas do pobo, 1977.[1]
- Alcaldes e alcaldesas, 1991.[1]
- El condado de Monterroso, pasado y presente, 1987.[1]
- Guía turística de Meira, 1994.[1]