Saltar ao contido

Anthonie Heinsius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnthonie Heinsius
(Antonius Heinsius)

Gravado cun retrato de
Anthonie Heinsius
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1641.
Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos.
Morte3 de agosto de 1720 (78 anos).
A Haia
Holanda Meridional
Alemaña.
Lugar de sepulturaIgrexa vella de Delft Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidade Provincias Unidas
Actividade
OcupaciónPolítico
Familia
PaisAdriaan Heynsius Editar o valor en Wikidata  e Maria Dedel Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Heinsius, Anthony Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1335642 WikiTree: Heinsius-9


Anthonie Heinsius (coñecido tamén polo seu nome latinizado: Antonius Heinsius), nado na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, o 23 de novembro de 1641 e finado na Haia, o 3 de agosto de 1720, foi un político e estadista holandés que exerceu como Gran Pensionario de Holanda desde 1689 ata a súa morte en 1720.[1][2][3]

O pai de Anthonie era un coñecido e próspero comerciante da vila de Delft procedente dunha familia da aristocracia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros nomeamentos

[editar | editar a fonte]

En 1679 foi nomeado Pensionario (alto funcionario responsable da administración) en representación da cidade de Delft nas Provincias Unidas e en 1687 ingresou no consello da cámara de Delft da Compañía Holandesa das Indias Orientais (VOC).

En 1682 foi nomeado negociador especial para Francia polo estatúder Guillerme III de Orange. A súa misión era a negociación da ocupación do Principado de Orange polo monarca francés Lois XIV. Malia o infrutuoso da misión, Guillerme III obtivo unha impresión moi favorable de Heinsius.[4]

Gran Pensionario

[editar | editar a fonte]

O 27 de maio de 1679, cando Guillerme III foi investido como rei de Ingaterra e tivo que partir para Londres, nomeou a Heinsius Gran Pensionario dos Estados de Holanda e Frisia Occidental, o que o convertía de facto no home con máis poder dos Estados Xerais dos Países Baixos.[5] Desde ese momento pasou a ser o home forte de Guillerme, quen deixou nas súas mans a responsabilidade do goberno dos asuntos holandeses.

Heinsius era un duro negociador e un dos adversarios máis decididos e obstinados do expansionismo político de Francia.

El foi un dos promotores das coalicións antifrancesas durante a Guerra dos Nove Anos (1688-1697) e a Guerra de Sucesión Española (1701-1714). Despois do falecemento de Guillerme III en 1702, o poder de Heinsius nos Estados Xerais minguou, aínda que mantivo o seu título de Gran Pensionario ata a súa morte en 1720.[6]

Anthonie Heinsius foi soterrado na Igrexa Vella (Oude Kerk) da súa vila natal de Delft.[7]

  1. "Anthonie Heinsius. Dutch statesman". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  2. "Anthonie Heinsius * 1641 - ✝ 1720 Arquivado 16 de agosto de 2017 en Wayback Machine.". No sitio web oficial das Igrexas Nova e Vella de Delft (en inglés)
  3. "Anthonie Heinsius". En Larousse.fr (en francés)
  4. "Anthonie Heinsius Pensionary of Holland 22 November 1641 - 3 August 1720 Arquivado 28 de xuño de 2018 en Wayback Machine.". En SpanishSuccession.nl (en inglés)
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  6. "Heinsius, Antonie, Gran Pensionario d'Olanda". En Enciclopedia Italiana. 1933 (en italiano)
  7. Listaxe de personaxes soterrados na Igrexa Vella de Delft Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine., no sitio web oficial da igrexa (en inglés e castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]