António Óscar de Fragoso Carmona
(1942) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1869 Lisboa, Portugal |
Morte | 18 de abril de 1951 (81 anos) Lisboa, Portugal |
11º Presidente de Portugal | |
16 de novembro de 1926 – 18 de abril de 1951 ← Manuel de Oliveira Gomes da Costa (pt) – Francisco Craveiro Lopes (pt) ⊟ | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Academia Militar Portuguesa |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor, militar, revolucionario |
Período de actividade | 1889 - |
Partido político | Unión Nacional |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Portugués |
Rango militar | mariscal |
Familia | |
Cónxuxe | Maria do Carmo Ferreira da Silva Carmona |
Premios | |
Descrito pola fonte | Lista de Ditadores de SourceWatch |
António Óscar de Fragoso Carmona, nado en Lisboa o 24 de novembro de 1869 e finado na mesma cidade o 18 de abril de 1951, foi un político e militar português, décimo primeiro Presidente da República Portuguesa (primeiro do Estado Novo).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo e neto de militares. Estudou no Colexio Militar de Lisboa entre 1882 e 1888 e na Escola do Exército entre 1889 e 1892, saíndo como oficial de Cabalería. Era republicano e masón.
O 15 de outubro de 1910 foi nomeado membro da Comisión de Reestruturación do Exército polo goberno revolucionario republicano. Foi instrutor da Escola Central de Oficiais (1913-1914), director da Escola Práctica de Cabalería de Torres Novas (1918-1922) e Comandante da IVª División situada en Évora (1922-1925). Foi ministro de Guerra entre o 15 de novembro e o 18 de decembro de 1923, no goberno de Ginestal Machado.
Tralo golpe militar do 28 de maio de 1926, o 3 de xuño foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores. O 9 de xullo, trala caída do xeneral Gomes da Costa, foi nomeado ministro de guerra. O 26 de novembro de 1926 foi nomeado por decreto Presidente da República. Aínda no marco da ditadura militar, deu inicio ao período da Ditadura Nacional, sendo elixido de novo en 1928. Trala aprobación da Constitución de 1933, foi reelixido en 1935, 1942 e 1949.
Se ben acadara o posto de xeneral do exército en 1922, en 1947 concedéuselle o título honorífico de mariscal.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Presidente Óscar Carmona, selo de 1$00 de 1945
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: António Óscar de Fragoso Carmona |