Antón Lopo
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1961 (63 anos) Monforte de Lemos, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Xénero artístico | Poesía, narrativa, teatro e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.
É creador de vocación interdisciplinar: fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), unha experiencia singular onde o poeta é o único soporte da obra. Como activista e performer realizou "O lugar", no que mediu Santiago de Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.
Como poeta publicou Sucios e desexados (1987), Manual de masoquistas (1990), Á sombra dos rapaces mexando (1995), O libro dos amados (1996), OM (1996), Pronomes (1998); como narrador publicou diversos relatos espallados en publicacións colectivas e as novelas As reliquias (Xerais, 1991), Premio Café De catro a catro, O riso de Isobel Hill (Deputación de Pontevedra, 2000) e Ganga (Xerais, 2001).
No ano 2002 publicou Fálame. Desenvólvese como xornalista de cultura no xornal O Correo Galego, que se transformou no 2003 en Galicia Hoxe.
Indagou na oralidade e na poesía física con "Prestidixitador" (Teatro Galán, 2001), "Accións" (Galería Trinta, 2003), "Dentro" (Casa da Parra, 2005) e "Lampíricos" (Galería Dispara, 2012), coa axuda de soportes como fotografía, vídeo, instalación ou memoria.[3]
Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, das que forma parte. É Director do festival Alguén que respira, performer de fisicidade radical (foi alumno de Marina Abramovic).[4]
Dirixe a editorial Chan da Pólvora.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Sucios e desexados (1988). Sotelo Blanco. 84 páxs.
- Manual de masoquistas (1991). Ed. de autor.
- Á sombra dos rapaces mexando (1995).
- Libro dos amados (1996). Ed. Compostela, Poeta en Compostela 7. Poemario onde predomina o homoerotismo e o emprego dunha linguaxe do cotián, antirretórica.
- OM (1997). Espiral Maior.
- Pronomes (1998). Espiral Maior. Voz forte que enuncia a representación hierática dun magma salvaxe: o amor, a morte, o desexo, a desintegración da memoria persoal e colectiva e a labilidade do vivido como fabulación rememorada. O poemario dá cabida, por primeira vez na historia da tradición lírica galega, a un tipo de desexo, o S/M, que entronca ao autor cunha corrente de pensamento próxima á teoría Queer.[6]
- Fálame (2004). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Poemario áspero e descarnado pero tamén visceral e humano. Trata temas amargos como a dificultade das relacións interpersoais, a incomunicación sexual ou a imposíbel felicidade etc.)
- Corpo (2018) Xerais. 96 páxs. ISBN 9788491213901.
- Lampíricos (2020). Chan da Pólvora. ISBN 9788412142600.
- Diarios / 1. Azul Monforte (2023). Espiral Maior.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- As reliquias (1991). Xerais.
- O riso de Isobel Hill, 2000.[7]
- Ganga (2001). Xerais. 240 páxs. ISBN 9788483027240.
- Obediencia (2010). Galaxia. 352 páxs. ISBN 9788498653182.
- Extraordinario (2018). Galaxia.[8]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Os homes só contan ata tres (2005). Xerais. 112 páxs. ISBN 9788497824217.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía (1992). Xerais.
- Guía de Santiago de Compostela (1993).
- Mishima, que existiu nunca (1995).
- As tres mortes de Lorenzo Varela (2005). Galaxia. 216 páxs. ISBN 9788482887920.
- A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra (2010). Galaxia. 164 páxs. ISBN 9788498652666.
- A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, 2011. Galaxia. 188 páxs. ISBN 9788498653571.
Traducións
[editar | editar a fonte]- A balada do cárcere de Reading de Oscar Wilde, 2003, Laiovento. Con Amalia Salvador.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais.
- Chineses, 1996, O Correo Galego.
- A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Esquío no 2003, pola obra Fálame.
- Premio Álvaro Cunqueiro no 2004, pola obra Os homes só contan ata tres.
- Premio García Barros no 2010, pola obra Obediencia[9].
- XIII Premio de xornalismo Johán Carballeira.
- Premio Narrativa Breve Repsol no 2018.[10]
- Premio da Crítica Española 2018 por Extraordinario.[11]
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño de poesía en 2022.[12]
- Premio da Crítica de poesía galega 2023, por Diarios / 1. Azul Monforte.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antón Lopo Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "Antón Lopo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ tr3sreinos (2020-02-10). "Antón Lopo". tr3sreinos. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "«A poesía é moito máis que un texto que non chega ó final da liña»". La Voz de Galicia. 2016-08-20. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ peoplepill.com. "About Antón Lopo: Spanish journalist (1961-) Biography, Facts, Career, Wiki, Life". peoplepill.com. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "Antón Lopo súmase á lista do García Barros con 'Obediencia'". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "Extraordinario de Antón Lopo, gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol Consellería de Cultura, Educación e Universidade". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "Lopo gaña o García Barros". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2010.
- ↑ "Antón Lopo gaña o XII Premio de Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. Consultado o 26 de setembro de 2018.
- ↑ "Tags premios-da-critica-espanola - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". www.sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-06.
- ↑ Diario, Nós (2022-12-08). "Antón Lopo recibe o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño". Nós Diario. Consultado o 2022-12-08.
- ↑ Diario, Nós (2024-04-13). "Antón Lopo e Manuel Veiga, gañadores dos Premios da Crítica en poesía e narrativa". Nós Diario. Consultado o 2024-04-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antón Lopo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor en Xerais Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
- Entrevista Arquivado 14 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. de Daniel Salgado en Sermos Galiza