Anosognosia
Anosognosia | |
---|---|
Especialidade | psicoloxía, psiquiatría, neuroloxía, neurociencia |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A anosognosia (do grego : a, prefixo privativo nosos, enfermidade gnose, coñecemento: "descoñecemento da enfermidade") é a situación referida a pacientes que non teñen percepción dos seus déficits funcionais neurolóxicos.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]A anosognosia é, polo tanto, unha negación da propia patoloxía neurolóxica: o paciente non admite que algo lle está a ir mal, sendo a causa deste déficit un dano orgánico que realmente está a impedir dita percepción.
Cómpre, polo tanto, distinguir a anosognosia da negación, na que o paciente sabe realmente que algo lle está a pasar pero non está disposto a admitilo polas repercusións emocionais que iso implica.[1]
Por outra banda, un caso particular tamén chamado de xeito xeral anosognosia é tamén a perda da capacidade para recoñecer ou darse conta dun defecto funcional dunha extremidade afecta de parálise, e garda relación con lesións do hemisferio non dominante e con hemiparesia[2].
A anosognosia foi descrita por primeira vez por Joseph Babinski, en 1914 (síndrome de Anton-Babinski) ao se referir á inconsciencia dunha hemiplexia.[1]
Patoloxías nas que aparece
[editar | editar a fonte]A anosognosia pode ocorrer en diferentes patoloxías neurolóxicas, dificultando en xeral o proceso de rehabilitación. Algunhas das patoloxías nas que aparece son:
- Enfermidade de Alzheimer e outros trastornos demenciais.
- Deterioracióndas funcións executivas por danos no lóbulo parietal.
- Accidentes cerebrovasculares (ACV)
- Algúns trastornos da memoria como a síndrome de Korsakoff.
- Cegueira cortical.
- Afasia de Wernicke.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Donoso, Archibaldo (2002-04). "Anosognosia en enfermedades cerebrales". Revista chilena de neuro-psiquiatría 40 (2): 69–78. ISSN 0717-9227. doi:10.4067/S0717-92272002000200008.
- ↑ "anosognosia, páx. 39" (PDF). edu.xunta.gal; DXPL; Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2022.