Anner Bylsma
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1934 A Haia, Países Baixos |
Morte | 25 de xullo de 2019 (85 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Educación | Real Conservatorio da Haia |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista |
Empregador | Koninklijk Concertgebouworkest (1962–1968) Conservatorium van Amsterdam (en) Universidade Harvard Real Conservatorio da Haia |
Xénero artístico | Música clásica |
Alumnos | Lucia Swarts |
Instrumento | Violoncello |
Familia | |
Fillos | Carine Bijlsma |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Páxina web | bylsmafencing.com |
Anner Bylsma ou Anne Bijlsma nado na Haia o 17 de febreiro de 1934 e finado en 2019, foi un violonchelista neerlandés, que tocaba con violonchelo moderno e barroco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bylsma presta especial atención ao repertorio barroco do violonchelo. Estudou con Carel van Boomkamp no Real Conservatorio da Haia, gañando o Prix d'excellence en 1957.
En 1959, gañou o primeiro premio do Concurso Pau Casals de México. Logo foi o violonchelo principal da Royal Concertgebouw Orchestra durante seis anos (de 1962 a 1968). Escribiu o libro Bach, the Fencing Master, unha análise estilística e estética das Suites para Violonchelo de Bach. Foi un dos pioneiros da Escola Barroca Neerlandesa. Bylsma continúa a ser unha das principais figuras do violonchelo barroco.
En 1979 Bylsma gravou por primeira vez as seis Suites para Violonchelo só (BWV 1007-1012) de J.S. Bach cun instrumento da época. En 1992 fixo unha segunda gravación co Servais Stradivarius e cun violonchelo piccolo con cinco cordas.
Anner Bylsma estivo casado coa violinista neerlandésa Vera Beths.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos biográficos (en inglés)
- Datos discográficos (en inglés)