Saltar ao contido

Annemarie Moser-Pröll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnnemarie Moser-Pröll

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Kleinarl, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesquiadora alpina Editar o valor en Wikidata
Deporteesquí alpino Editar o valor en Wikidata
Participou en
1980alpine skiing at the 1980 Winter Olympics – women's downhill (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
8 de febreiro de 1972alpine skiing at the 1972 Winter Olympics – women's giant slalom (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1972alpine skiing at the 1972 Winter Olympics – women's downhill (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide
Great Women Athletes of the 20th Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webannemarie-moser-proell.at Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0608546 Discogs: 1962162 Olympic.org: annemarie-proll Editar o valor en Wikidata

Annemarie Moser-Pröll, nada en Kleinar (Salzburgo) o 27 de marzo de 1953 é unha ex-esquiadora austríaca. Foi a esquiadora alpina de máis éxito na década de 1970, con seis títulos xerais, incluídos cinco consecutivos. Moser-Pröll logrou os seus maiores triunfos en descenso, slálom xigante e cominada. En 1980, o último ano que competiu, obtivo a súa terceira medalla olímpica, primeira de ouro e gañou cinco carreiras da Copa do Mundo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira, Moser-Pröll gañou a Copa do Mundo en seis ocasións, incluíndo cinco consecutivas (1971-75). Logrou 62 vitorias na Copa do Mundo, segunda muller en número de vitorias tras Lindsey Vonn. Aínda así, continúa a ser a mellor muller en porcentaxe de vitorias xa que nesa época disputábanse poucas carreiras. Gañou cinco títulos de campionato do mundo (3 en descenso e 2 en combinada) e unha medalla de ouro olímpica. Entre 1973 e 1974 gañou once carreiras de descenso consecutivas.

O camiño á súa primeira e única medalla olímpica de ouro foi longo: nos Xogos Olímpicos de 1972 en Sapporo, estaba considerada a favorita en descenso e slálom xigante, mais nas dúas modalidades acabou segunda detrás da suíza Marie-Theres Nadig. Tras obter o seu quinto título mundial consecutivo, interrompeu a súa carreira para coidar o seu pai, enfermo de cancro de pulmón, perdendo a tempada completa da Copa do Mundo e os Xogos Olímpicos de 1976, que tiñan lugar no seu país, en Innsbruck.[1] Trala morte do seu pai en xuño de 1976, volveu ao esquí competitivo de novo entre as mellores, finalizando segunda na Copa do Mundo en 1977 e 1978 e gañando a de 1979. Nos Xogos Olímpicos de 1980 en Lake Placid, conseguiu finalmente a medalla de ouro en descenso, coa súa rival de 1972 Marie-Theres de novo no podio, tras obter a medalla de bronce.[2]

Varias semanas despois dos Xogos Olímpicos de 1980, retirouse do esquí competitivo e montou o seu propio café, "Weltcup-Café Annemarie" en Kleinarl, que decorou coa súa extensa colección de copas e trofeos.[1] En 2008, meses despois da morte do seu home, retirouse do negocio e vendeu o establecemento a investidores locais, que o mantiveron co nome de "Café-Restaurant Olympia."

Vida privada

[editar | editar a fonte]

A súa irmá máis nova, Cornelia Pröll, tamén foi esquiadora olímpica.[1]

Casou con Herbert Moser en 1974 e a súa filla Marion naceu en 1982.

Resultados da copa do mundo

[editar | editar a fonte]
Tempada Idade Resultado Slálom Xigante
Slálom
Super Xigante Descenso Combinada
1969 15 16 15 A primeira
WC SG feminina
tivo lugar
en xaneiro
de 1983
5 Oficialmente
só se disputou
en 1976
e 1980
1970 16 6 14 3 8
1971 17 1 3 1 1
1972 18 1 9 1 1
1973 19 1 18 2 1
1974 20 1 5 7 1
1975 21 1 4 1 1
1976 22 non participou
1977 23 2 11 3 2
1978 24 2 8 5 1
1979 25 1 2 12 1
1980 26 2 3 7 2 2
  1. 1,0 1,1 1,2 "Sports Reference / Biography Annemarie Moser-Pröll". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  2. "Sports Reference / Olympic Sports". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]