Saltar ao contido

Anne W. Simon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne W. Simon
Biografía
Nacemento(mul) Anne Rebe Wertheim Editar o valor en Wikidata
1914 Editar o valor en Wikidata
Cos Cob, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 1996 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Actividade
Ocupaciónecoloxista, empresaria Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRobert E. Simon Editar o valor en Wikidata
PaiMaurice Wertheim Editar o valor en Wikidata

Anne W. Simon, nada en 1914 e finada o 29 de xullo de 1996, foi unha autora, escritora e ambientalista americana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu como Anne Rebe Wertheim, en Cos Cob, Connecticut, filla de Alma (de solteira Morgenthau) e dobanquero Maurice Wertheim.[1] O seu avó foi o embaixador Henry Morgenthau Sr. As súas irmás foron Josephine Wertheim Pomerance[2] (nai do arquitecto Rafe Pomerance) e Barbara W. Tuchman (nai de Jessica Mathews). En 1935, graduouse cun B.A. do Smith College e logo obtivo unha mestría en Traballo Social da Universidade de Columbia.[1]

Comezou a súa carreira como escritora en WNYC, unha estación de radio en Nova York e logo traballou como crítica de televisión para The Nation.[1] Despois escribiu para varias publicacións, incluídas McCall's e Good Housekeeping. [1] En 1964, escribiu Stepchild in the Family: A View of Children in Remarriage baseado nas súas experiencias como fillastra e madrasta.[1] En 1973 publicou No Island Is an Island: The Ordeal of Martha's Vineyard sobre a expansión, os atascos de tráfico e a contaminación en Martha's Vineyard.[1] En 1978 escribiu The Thin Edge: Coast and Man in Crisis sobre o mal estado das dunas e as praias.[1] En 1984, escribiu Neptune's Revenge: The Ocean of Tomorrow, foi unha crítica da sobrepesca, os derrames de petróleo, os desechos radioactivos e as toxinas.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou tres veces. O seu primeiro marido foi o Dr. Louis Langman, con quen casou en 1937; o matrimonio acabou en divorcio.[3][4] O seu segundo marido foi o empresario inmobiliario Robert E. Simon; o matrimonio tamén rematou en divorcio.[1] O seu terceiro marido foi Walter Werner. Tvo catro fillos do seu primeiro matrimonio: Thomas Langman; Betsy Langman Schulberg (casada e divorciada de Budd Schulberg), Lynn Langman Lilienthal (casada con Philip H. Lilienthal en 1963) e Deborah Langman Lesser.[5][6][7]

Morreu o día 29 de xullo de 1996 na súa casa, en Manhattan.[1]

  • Stepchild in the Family: A View of Children in Remarriage (1964)
  • No Island Is an Island: The Ordeal of Martha's Vineyard (1973)
  • The Thin Edge: Coast and Man in Crisis (1978)
  • Neptune's Revenge: The Ocean of Tomorrow (1984)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Saxon, Wolfgang (31 de xullo de 1996). "Anne Simon, Who Wrote Threats to the Sea". The New York Times. She was married three times and had taken the surname of her last husband, Prof. Walter Werner, while keeping her pen name. He died in 1986. Her previous marriages, to Dr. Louis Langman and Robert E. Simon, ended in divorce 
  2. Smith, Allen. "Josephine Wertheim Pomerance". Jewish Women's Archive. 
  3. "Anne R. Wertheim Becomes A Bride; Daughter of Banker Married in Cos Cob Home to. Dr. Louis Langman of New York". 1 de febreiro de 1937. 
  4. "Louis Langman, Physician, 87". The New York Times. 30 de xullo de 1991. 
  5. "Lynn Langman Becomes Bride Of Law Student; Alumna of New School and Philip Lilienthal Are Married Here". The New York Times. 6 de setembro de 1963. 
  6. "Michael Lesser Weds Deborah W. Langman". The New York Times. 7 de abril de 1969. 
  7. Sonnenthal, Valerie (6 de setembro de 2017). "Tom Langman, man of Menemsha - Fifty years of fishing and life in Chilmark.". Martha's Vineyard Times.