Ann Henderson-Sellers
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1952 (72 anos) Sheffield, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía e Climatoloxía |
Ocupación | climatóloga, profesora universitaria, escritora |
Empregador | Universidade Macquarie (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Brian Henderson-Sellers |
Premios | |
Ann Henderson-Sellers, nada o 7 de marzo de 1952 en Sheffield, Yorkshire, é unha xeógrafa[1][2] e climatóloga australiana de orixe británica.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Matemáticas na Universidade de Bristol e acadou o título de doutora en ciencias atmosféricas pola Universidade de Leicester en 1976 coa tese A theoretical study of the evolution of the atmospheres and surface temperatures of the terrestrial planets.[3][4] O examinador da tese foi James Lovelock, cuxa hipótese de Gaia inspirou a Ann, converténdose nunha das principais líderes da área Ciencia dos Sistemas Terrestres, disciplina creada polo propio Lovelock.[3]
En 1987 trasladouse a Australia, onde foi directora fundadora do Centro de Impactos Climáticos da Universidade de Macquarie.[3] Posteriormente foi vicerreitora do Royal Melbourne Institute of Technology . Entre 1998 a 2005 foi directora da División Ambiental da Asociación da Ciencia Nuclear e Tecnoloxía de Australia.[3]En 1999 acadou o doutoramento en Ciencias do clima.[5]
Tamén formou parte do equipo do Proxecto de intercomparación dos esquemas de parametrización da superficie terrestre[6] do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas.[nota 1][5]
Actuou como consultora da Universidade das Nacións Unidas sobre diversos aspectos do impacto do cambio climático. Tamén foi unha das autoras do Segundo informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático en 1995.
Entre 2005 to 2007 foi a directora do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas con sede en Xenebra, nas oficinas da Organización Meteorolóxica Mundial(OMM).[3]
En 2008 escribiu un ensaio The IPCC Report: What The Lead Authors Really Think no que analiza as distintas perspectivas do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (GICC), principalmente o Cuarto informe de avaliación do IGCC.[7]
É profesora emérita da Universidade de Macquarie.[5][8]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Membro electo da Academia Australiana de Ciencias Tecnolóxicas e Enxeñaría (2000)[1]
- Membro electo da Sociedade Meteorolóxica Americana[3]
- Medalla Centenario de Australia (2003)[3][5]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- McGuffie, K. & Henderson-Sellers, Ann (2005). A climate modelling primer (3 ed.). Chichester, West Sussex: J. Wiley. ISBN 0-470-85751-X. OCLC 55955369.
- Henderson-Sellers, Ann (1995). Future climates of the world : a modelling perspective. Amsterdam: Elsevier. ISBN 0-444-89322-9. OCLC 162589462.
- —————— (1989). The greenhouse effect : living in a warmer Australia. Kensington, N.S.W., Australia: New South Wales University Press. ISBN 0-86840-267-2. OCLC 19817552.}
- —————— & Goodman, Alan (1987-11-10). "Homogenizing Surface and Satellite Observations of Cloud. Aspects of Bias in Surface Data." (en inglés).}
- —————— & Goodman, Alan H. (1988-10-01). "Homogenizing Surface and Satellite Observations of Cloud" (en inglés).}
- ——————; Wilson, M; Thomas, G & Dickinson, R (1986). "Current Global Land-surface Data Sets for Use in Climate-related Studies" (en inglés): 4894 KB. doi:10.5065/d6fq9tk5.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ en inglés World Climate Research Programme
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Centre for Transformative Innovation, Swinburne University of Technology. "Henderson-Sellers, Ann - Person - Encyclopedia of Australian Science and Innovation". www.eoas.info (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Walker, Rosanne (16 de setembro de 2004). "Henderson-Sellers, Ann - Biographical entry". Bright Sparcs (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 University of Bristol. "Professor Ann Henderson-Sellers". www.bristol.ac.uk (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ Henderson-Sellers, A. (1976-01-01). "A theoretical study of the evolution of the atmospheres and surface temperatures of the terrestrial planets." (en inglés). University of Leicester.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Ann Henderson-Sellers - Macquarie University". www.mq.edu.au. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Project for Intercomparison of Land surface Parameterization Schemes (PILPS)". World Climate Research Programme. Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ "The IPCC report: What the lead authors really think" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Consultado o 2022-09-03.
- ↑ "Adjunct Fellows, Emeritus Professors, Honorary Associates". Macquarie University. Consultado o 7 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na Universidade Macquarie Arquivado 21 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)