Anisia Miranda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1932 Provincia de Ciego de Ávila, Cuba |
Morte | 22 de outubro de 2009 (76 anos) Gres, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé Neira Vilas (1957–2009) |
Anisia Miranda Fernández, nada en Ciego de Ávila (Cuba) o 30 de decembro de 1932 e finada en Gres, Vila de Cruces, o 22 de outubro de 2009, foi unha escritora cubano-galega en lingua galega e lingua castelá, filla adoptiva do Concello de Vila de Cruces.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo.
Nunha conferencia impartida por Ramón Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou o 21 de febreiro de 1957, ano no que xuntos fundaron a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Eduardo Blanco Amor, Alberto Vilanova, Rafael Dieste, Antón Baltar ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verter os primeiros textos de poetas americanos ao galego.
En xuño de 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Foi cofundadora de dúas revistas cubanas dirixidas ao público infantil: Zunzún e Bijirita.[2]
En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia, con Neira Vilas, á beira de dous meses. Tras doce viaxes máis de ida e volta, o matrimonio, xa xubilado, regresou definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres. Desde 1992 vicepresidiu a Fundación Xosé Neira Vilas.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]- Esta es Cuba, hermano. Bos Aires: Editorial Follas Novas, 1960
- La primeira aventura.
- Los cuentos del Compay Grillo, 1965.
- Mitos y leyendas de la antigua Grecia, 1966.
- Vietnam y tú, 1970.
- Las vacaciones de Lidia, 1984.
- La casa de los títeres, 1986.
- La casa nueva de mis abuelos.
- Treinta días en Vietnam.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Pardela amiga.
- Os contos do Compay Grilo.
- A primeira aventura.[3]
- A casa dos títeres.[4]
- A volta do Compay Grilo.
- Mitos e lendas da vella Grecia, 1983, Ediciós do Castro.
- A cama, a bolboreta e o paxariño. A Coruña: Ediciós do Castro, 1998.
Con Xosé Neira Vilas
[editar | editar a fonte]- Cantarolas e contos prá xente miúda. Akal, 1975.
- Cantarolas. Xerais, 1995.
Colectivas
[editar | editar a fonte]- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
- 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973), 1997, Universidade de Santiago de Compostela.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[5][6][7]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»". La Voz de Galicia (Lalín). 24/2/2005.
- ↑ Salgado, Daniel (23 de outubro de 2009). "Morre a escritora cubano galega Anisia Miranda". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ A primeira aventura
- ↑ A casa dos títeres
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anisia Miranda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.Carmen&rft.aulast=Blanco Garc�a&rft.date=1988&rft.genre=article&rft.issn=1139-4854&rft.issue=5&rft.jtitle=Festa da Palabra Silenciada&rft.pages=5-24&rft_id=http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2001_Festa-da-Palabra_05.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- García Gómez, Valentín (coord.) (2010). Homenaxe a Anisia Miranda (PDF). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4868-0.
- Longhini Moreira, Nora (2008). Neira Vilas. Os anos da Arxentina, 1949-1961. Galaxia. ISBN 978-84-9865-060-0. Con limiar de Freixanes.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Piñeiro Feióo, Antonio (novembro de 2011). "Pepe Velo e Anisia Miranda. Dúas historias (apócrifas) cruzadas nunha fotografía". Raigame (35): 50–57. ISSN 1136-3207. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2022. Consultado o 14 de decembro de 2017.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Anisia Miranda Fundación Xosé Neira Vilas.
- Armas García, Celia (2010) "Anisia Miranda. Polífacética promotora da cultura galega dentro e fora de Galicia" Álbum de Mulleres, CCG.
- Ficha de Anisia Miranda en Galegos.info
- Anisia Miranda na Biblioteca Virtual Galega