Aniceto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Roma, Italia |
Morte | 69 Xeorxia |
Actividade | |
Ocupación | pirata |
Carreira militar | |
Rango militar | almirante |
Descrito pola fonte | 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Aniceto foi o líder dun infrutuoso levantamento contra a dominación romana no Ponto no ano 69.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antigamente, fora un liberto do rei Polemón II. Aniceto comandara a frota real até que o Reino do Ponto se converteu nunha provincia romana durante o reinado do emperador Nerón no 63. Durante a guerra civil tras a morte de Nerón, Aniceto uniuse a Vitelio e encabezou unha insurrección xeral contra Vespasiano no Ponto e Cólquida no 69. Os rebeldes destruíron a armada romana nun súbito ataque contra Trapezus. Tras disto, Aniceto pasou entón á pirataría utilizando un tipo de barco coñecido como camarae.
A revolta, non obstante, foi sufocada polos reforzos romanos baixo o mando de Virdio Xémino, un tenente de Vespasiano. Vencido na desembocadura do río Cohibo (actualmente o Río Khobi, situado no oeste de Xeorxia), Aniceto foi entregado aos romanos por unha tribo local, que lle deron morte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Armada romana (en inglés)