Dióxido de carbono
Fórmula estrutural | |
---|---|
Xeral | |
Nome IUPAC | Dióxido de carbono |
Nomes comúns | Anhídrido carbónico Gas carbónico Xeo seco (en estado sólido) |
Fórmula química | CO2 |
Aparencia | gas incoloro |
Número CAS | 124-38-9 |
Físicas | |
Masa molecular | 44,0 um |
Punto de fusión | 216 K (-57 °C) (presurizado) |
Punto de ebulición | sublima a 195 K (-78 °C) |
Densidade | 1,6 ×103 kg/m³ (sólido) 1,98 kg/m³ (gas a 298 K) |
Solubilidade | 0,145 g/100ml de auga |
Termoquímica | |
ΔfH0gas | -393,52 kJ/mol |
ΔfH0sólido | ? kJ/mol |
S0gas | 213,79 X·mol−1·K−1 |
S0sólido | ? X·mol−1·K−1 |
Seguranza | |
Frases de Risco e Seguranza | R: - S:9, 23 |
Inxestión | Pode causar náuseas, vómitos, hemorraxia gastrointestinal. |
Inhalación | Asfixia (sufocamento), causa hiperventilación. |
Pel | O xeo seco pode ocasionar ulceracións. |
Ollos | Pode levar á cegueira. |
Máis información | Hazardous Chemical Database |
Salvo cando se especifica o contrario, considéranse as condicións normais de temperatura e presión. |
O dióxido de carbono (antes anhídrido carbónico) é un composto químico constituído por dous átomos de osíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. O dióxido de carbono foi descuberto polo escocés Joseph Black en 1754.
Características
[editar | editar a fonte]É un gas incoloro, inodoro e insípido, de fórmula CO2, que se produce pola oxidación completa do carbono nos procesos biolóxicos e industriais ou como consecuencia dos incendios forestais, por poñer dous exemplos á parte da respiración humana. É un composto covalente.
Debido á utilización, cada vez maior, dos combustibles fósiles e á proliferación dos incendios forestais, a porcentaxe de dióxido de carbono na atmosfera está aumentando progresivamente desde o inicio da revolución industrial (a mediados do século XVIII era do 0,0289 %, a mediados do século XX do 0,03 % e a finais do mesmo século, do 0,035 %), polo que constitúe un contaminante atmosférico que contribúe ó incremento do efecto invernadoiro e, consecuentemente, á elevación da temperatura da atmosfera, cun imprevisible efecto sobre o cambio climático.
O dióxido de carbono é soluble en auga, tendo a súa solución carácter ácido, o que favorece a disolución das rochas calcarias.
A denominación anhídrido carbónico non se admite nas normas de nomenclatura química inorgánica da IUPAC, aínda que se usa moito de xeito tradicional.
Os animais ao respiraren toman osíxeno da atmosfera e devólveno en forma de dióxido de carbono. Por outro lado, as plantas retiran este gas do aire e utilízano na fotosíntese. Este proceso, denominado ciclo do carbono, é vital para a manutención dos seres vivos.
Estruturalmente, o dióxido de carbono está constituído por moléculas de xeometría lineal e de carácter apolar. Por iso as atraccións intermoleculares son moi débiles, tornándoo, en condicións ambientais, un gas. De aí o seu nome comercial gas carbónico.
O CO2, mantido en determinadas cantidades no aire atmosférico, é un dos gases responsábeis da temperatura terrestre. Sen este gas a Terra sería un bloque de xeo. Por outro lado, un exceso de CO2 impide a saída da calor da atmosfera, provocando un quecemento do planeta denominado efecto invernadoiro. Constitúe un 0,03% en volume da atmosfera (en aumento por procesos diversos de actividades humanas), de onde o toman as algas e as plantas para fixar o carbono en forma de materia orgánica, entrando así este elemento no seu ciclo bioxeoquímico.
Nas últimas décadas, debido á enorme queima de combustibles fósiles, a cantidade de gas carbónico na atmosfera aumentou moito, contribuíndo ao quecemento do planeta.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]- O CO2 é utilizado en bebidas (bebidas carbonatadas) para darlles efervescencia.
- É utilizado en extintores durante os incendios para illar o osíxeno do combustible.
Riscos
[editar | editar a fonte]- Inxerido pode causar irritación, náuseas, vómitos e hemorraxias no tracto dixestivo. Inhalado produce asfixia.
- O xeo seco en contacto coa pel causa queimaduras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dióxido de carbono |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dry Ice information Arquivado 03 de abril de 2004 en Wayback Machine.
- Basan Z. Shakhashiri: Chemical of the Week: Carbon Dioxide[Ligazón morta]
- Keeling, C.D. and T.P. Whorf: Atmospheric carbon dioxide record from Mauna Loa, 2002