Angelo Sodano
Angelo Raffaele Sodano coñecido como Angelo Sodano,[1] nado en Isola d'Asti, Piamonte o 23 de novembro de 1927 e finado en Roma o 27 de maio de 2022 por Covid-19[2] [3] foi un cardeal católico italiano, decano do Colexio Cardeal entre 2005 e 2019 e Secretario de Estado da Santa Sé entre 1991 e 2006. Foi a primeira persoa desde 1828 que exerceu simultaneamente como decano e secretario de Estado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi cardeal secretario de Estado de 1991 a 2006, baixo os dous papas Xoán Paulo II e Bieito XVI. O 27 de abril de 2005, foi elixido para suceder a Bieito XVI como Decano do Colexio Cardeal polos seus compañeiros cardeais bispos. Sodano foi a primeira persoa desde 1828 en servir como Decano e Secretario de Estado ao mesmo tempo.
O 22 de xuño de 2006, Bieito XVI aceptou a dimisión de Sodano como secretario de Estado o 15 de setembro de 2006. Foi substituído por Tarcisio Bertone, entón arcebispo de Xénova.
Abusos
[editar | editar a fonte]O 21 de decembro de 2019, descubriuse que Sodano era quen dirixiu os esforzos para encubrir as denuncias de abuso cando actuaba como Secretarío de Estado.[4] [5] Sodano foi acusado de buscar un acordo para enterrar documentos que detallan os abusos. O mesmo día, o papa Francisco aceptou a renuncia de Sodano como decano do Colexio Cardeal.[6]
Distincións
[editar | editar a fonte]Entre as honras e homenaxes recibidas está a Medalla de Ouro de Galicia en 1999, outorgada pola presidencia da Xunta.[7]
Pasamento
[editar | editar a fonte]Sodano morreu de COVID-19 o 27 de maio de 2022 nun hospital de Roma, Italia, aos 94 anos [8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A maioría de veces é citado nos medios de comunicación de masas sen o seu segundo nome, ás veces escrito con acento gráfico (p. ex Alfa y Omega; na caixa das Medallas de Galicia tamén aparece acentuado).
- ↑ "Muere por covid el cardenal Angelo Sodano, secretario de estado del Vaticano entre 1991 y el 2006" (en castelán). 2022-05-28. Consultado o 2022-05-29.
- ↑ "Murió el influyente cardenal Angelo Sodano". 2022-05-27. Consultado o 2022-05-28.
- ↑ "Legion of Christ finds 33 priests, 71 seminarian sex abusers". AP News (en inglés). 2019-12-21. Consultado o 2024-03-05.
- ↑ "Cardinal (92) who ‘sought deal’ to bury sex abuse documents resigns". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2024-03-05.
- ↑ "Cardinal tainted by abuse scandals steps down as dean, pope sets term limit". Crux (en inglés). 2019-12-21. Consultado o 2024-03-05.
- ↑ "Medallas de Galicia. 1999 - Portal Web - Liferay". Portal Web. Consultado o 2024-03-05.
- ↑ Vaticano, è morto a 94 anni il cardinale Angelo Sodano (en italiano)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Angelo Sodano |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cardeal Sodano - "Look Upwards" (en inglés)
- Perfil | Angelo Sodano, cuando el diablo lleva sotana (elpais.com; en castelán)