Andrzej Wiśniewski
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1958 (66 anos) Poznan, Polonia |
Educación | Universidade Adam Mickiewicz de Poznań |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Empregador | Universidade Adam Mickiewicz de Poznań Faculty of Arts of the University of Zielona Góra (en) |
Premios | |
Andrzej Wiśniewski, nado en Poznan o 4 de febreiro de 1958, é un filósofo polaco especializado en lóxica e erotética, experto no estudo das expresións nas que se manifestan preguntas, expresións interrogativas ou erotemas. Wiśniewski foi un investigador da Universidade de California, da Real Academia Flamenca de Ciencias e Artes de Bélxica, o Instituto Holandés de Estudos Avanzados en Humanidades e Ciencias Sociais en Wassenaar e na Universidade de Cambridge.
Foi homenaxeado polo seu traballo filosófico co premio outorgado polo ministro de Educación Nacional, o premio do Ministerio de Ciencia e Educación Superior, a Cruz de Ouro ao Mérito e a Cruz de Cabaleiro da Orde de Polonia Restituta. Foi así mesmo laureado co título de Mestre (Mistrz) da Fundación para a Ciencia Polaca e "Maestro" (Mro.) do Centro Nacional de Ciencias [1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1958 en Poznan, onde pasou toda a súa vida profesional e privada. Despois de graduarse nos centros de ensino primario e secundario e obter o título de graduado en 1977, comezou a estudar Filosofía na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade Adam Mickiewicz, da que se graduou en 1981 cun máster baseado na tese titulada Relacións entre problemas filosóficos e teorías lóxicas das preguntas, supervisado polo profresor Jan Tal. Inmediatamente despois de graduarse, comezou a traballar na súa alma mater, converténdose en asistente do Departamento de Filosofía da Universidade Adam Mickiewicz. En 1986 obtén o título académico de Doutor en Humanidades no campo da filosofía a partir da tese Xeración de preguntas a través de conxuntos de frases, que foi redactada baixo a dirección do profresor Tadeusz Kubiński. A nova titulación académica supuxo un ascenso profesional na Universidade e en 1987 recibiu o posto de profesor axudante. En 1991, o Consello da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade Adam Mickiewicz outorgoulle o título académico de doutor habilitado en humanidades no campo da filosofía, na especialidade de lóxica, tras superar con éxito o coloquio de habilitación e presentar a tese titulada Facer preguntas: lóxica e racionalidade. En 1993, asumiu o cargo de profesor asociado no Instituto de Filosofía da Universidade Adam Mickiewicz.
É autor de cinco monografías, a última das cales é Questions, Inferences, and Scenarios (College Publications, Londres, 2013) e duns 50 artigos de investigación.
Wiśniewski é un filósofo citado en estudos modernos sobre lóxica e filosofía da información:
As preguntas e as súas respostas poden dirixir de volta a preguntas previas "Mercaches 6 botellas de viño?" pode dirixir a "Compraches algo de viño?" que de volta dirixe a "Fuches de compras?" Cando isto acontece, un pode explicar que Q1 presupón Q1, quen presupón Q2, e así continuamente. Máis formalmente, implicacións erotéticas - as relacións lóxicas que interpretan as relacións lingüísticas de "suposición" e " presuposición" ou "manifestación" no vocabulario de Wiśniewski 1994 - que poden ser tan formalmente rigurosas como as da implicación ordinaria. En suma, créase unha rede, suficientemente ampla como para admitir diferentes topoloxías pero non, por esa mesma razón, menos robusta. Continua co erro de crer que unha pregunta última son preguntas primeiras ou derradeiras, ou ao comezo ou a fin dunha cadea de preguntas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PROF. ANDRZEJ WIŚNIEWSKI WŚRÓD ZDOBYWCÓW „POLSKIEGO NOBLA”". infoserwis (en pol). Consultado o 2024-07-11.
- ↑ Floridi, Luciano (2019). Oxford, ed. The Logic of Information. pp. 15–. ISBN 978-0-19-883363-5.