Andrónico V Paleólogo
Nome orixinal | (el) Ανδρόνικος Ε 'Παλαιολόγος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1400 Constantinopla, Turquía |
Morte | 1407 (6/7 anos) Tesalónica, Grecia |
Emperador bizantino | |
1403 – 1407 ← Xoán V Paleólogo – Xoán V Paleólogo ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Dinastía Paleólogo |
Pais | Xoán VII Paleólogo e Irene Gattilusio |
Andrónico V Paleólogo (grego: Ανδρόνικος Ε' Παλαιολόγος) (c. 1400 – c. 1407) foi co-emperador do Imperio Bizantino xunto a seu pai Xoán VII Paleólogo.
Biografía
[editar | editar a fonte]Andrónico V Paleólogo era o único fillo coñecido do emperador Xoán VII Paleólogo e Euxenia (rebautizada Irene), filla de Francesco Gattilusio. Cando naceu Xoán VII Paleólogo era Rexente do Imperio polo seu tío Manuel II Paleólogo. Nunha data incerta, posibelmente logo de que seu pai se radicase en Tesalónica, Andrónico foi proclamado nominalmente co-emperador, talvez arredor do anos 1403/1404. Faleceu antes co seu pai, probabelmente en 1407.
Debe sobrentenderse que o status do pai e o fillo era puramente nominal (aínda que Xoán VII gobernou como emperador en 1390 e como rexente en Constantinopla entre 1399 e 1403).